Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para que tanta complicación?

jueves, 20 de abril de 2017
A vida ten complicacións abondo ¿Ou non?
A min paréceme que superar os obstáculos que nos presenta o día a día xa é todo un reto.

A vostede:
¿Qué lle parece?
-Ter que erguerse cando non tes ganas. ¡Co a gustiño que se estaba na cama a aquela hora!

-Ter que facer a limpeza para que non se poida escribir nos mobles.

-Ter que face-la comida tres veces ó día.
E facela hoxe e mañá e pasado…
Así tódolos días.

¡Que lata!

-Ter que lavar. Ter que pasa-lo ferro…
Para algunas persoas pasa-lo ferro xa é pouco menos que un martirio.
Pero como queren ir ben favorecidas de punto en branco…
¡Non queda outro remedio!

A verdade é que unha persoa coa roupa ben planchada parece outra.

-Ter que coidar da infancia, da adolescencia revolucionada, da xuventude que anda a deshora, dos enfermos, da senectude e de nós mesmos.

A veces dá moito que pensar
A veces fai rabear moito cando se pasan noites en vela esperando que o rapaz ou a rapaza, chegue con ben á casa.
E se hai enfermidade, eso xa é o peor.
E se a enfermidade é terminal… ¡PALABRAS MAIORES!

-Administrar a economía para poder aforrar algo para un imprevisto, ver como os cartos se van como terra, ver que non chegan a nada….

-Traballar dezaseis horas ó día dentro e fóra do fogar:

*Soportar a dureza do traballo.
*Soportar un compañeiro ou compañeira malo de “roer”.
*Soportar o tráfico intenso á hora de ir e volver ó traballo.
*Ter que chegar á casa e empezar outra xornada…
¡Vaia, vaia!
¿Xa está ben, non?

-Soportar con máis ou menos paciencia as rarezas das persoas que temos ó noso carón: fillos rebellos, pais pesados, xefes manipuladores, veciños raros porque si….

-Soportarnos a nós mesmos que a veces non sabemos o que queremos.
Eso si que é difícil.

-Paga-los impostos que ano tras ano se fan máis costa arriba.

-Paga-la hipoteca que parece que nunca se dá rematado.

-O coche que hai que levalo ó taller.

-A lavadora que avariou e hai que mercar outra.

-O ordenador que non sei que lle pasou, quedouse colgado.

-O móbil que perdeu os datos dos contactos.
Etc, etc.
Vostede xa sabe…

A min, persoalmente, chéganme os afáns de cada día.
Pero hai persoas que con eso non teñen abondo:
-Persoas que teñen máis que suficiente e pasan o día laiándose a ver se os outros se compadecen delas ou…
¡Quen sabe..! ¿Será para dar envexa ós outros?

-Persoas que acaparan e acaparan bens e máis bens materiais sen pensar que calquera día perden a saúde e logo non lles chegan os cartos para recuperala.

-Persoas que se privan desto, daquelo e daqueloutro; cousas necesarias para o vivir de cada día; pero que por tacañería non as usan.

-Persoas que deixan sempre para despois:

*Facer aquela viaxe que tanto desexan.
*Divertirse e disfrutar da vida…
*Visitar un familiar ou amigo…
*Poñer os seus papaeis en regra…
*Vivir…

Nunha palabra:
-Persoa mal orientadas.
-Persoas que se abandoan.
-Persoas que se esquecen de compartir cos outros.
-Persoas que se encerran no seu mundo e viven ailladas.
-Persoas que –consciente ou inconscientemente- desaproveitan as oportunidades de vivir con dignidade.
-Persoas que viven sen vivir.

¿MERECE A PENA “VIVIR” SEN VIVIR?
¿Cantas oportunidades deixamos pasar pola nos mala cabeza?
Moito temos que aprender.

“MOITOTEMOS QUE APRENDER”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES