Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que podemos facer?

jueves, 13 de abril de 2017
Que o mundo está cheo de inxustizas; eu seino e vostede, me parece que tamén.
¿Ou non?

Que a miúdo nos queixamos ante as inxustizas, tamén é certo.
¿Quen non o fixo alguna vez?

E nós mesmos… ¿Nunca cometemos ningunha inxustiza?
Se no mundo hai moita inxustiza, será porque a creamos nós mesmos.
¿Ou será cousa dos marcianos?

Unhas persoas son moito máis inxustas que outras, pero todas somos algo según a ocasión. ¿Certo?
Aínda os pais cometen inxustizas cos fillos e viceversa.
En fin…

-No mundo a nivel mundial, hai moitas guerras, moitas calamidades, moitas persoas que pasan fame, moitos nenos mal nutridos, moitas miserias…
¿QUÉ PODEMOS FACER?
¿Queixarnos?
¿Protestar?
¿Manifestarnos polas rúas e prazas das vilas e cidades?
¿Consolarnos mutuamente?
¿Patalear porque non nos gusta o noso xeito?
¿Etc, etc..?

-Persoas que se queixan non medios de comunicación, hai moitas.
Algunhas ata piden a excomunión de certos católicos corruptos.
Criticar é moi doado.

-Outras protestan pola vía pública destruíndo ou queimando mobiliario público.

-Outras protestan facendo grafitis

-Outras acoden a manifestacións multitudinarias.

-Outras réndense dicindo que sempre foi e seguirá sendo así.

-Outras consólanse, dicindo que hai que ter paciencia.

-Outras…
PERO…
¿AMÁÑANSE OS PROBLEMAS CON ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS?
¿Cómo é que segue habendo inxustizas, violencia, maltrato..?

¿QUE FALLA, ENTONCES?
Eu penso que os fallos serán múltiples, pero tamén me parece que o que fai falta é:
”TOMAR CONCIENCIA DA GRAVIDADE DOS PROBLEMAS E CORREXIRSE CADAQUÉN A SI MESMO”

CADA PERSOA ACTÚA SEGÚN O SEU CORAZÓN LLE DICTA:

A MIN PARÉCEME QUE A RAÍZ DE TÓDOLOS MALES ESTÁ NO CORAZÓN DAS PERSOAS, DENTRO DE NÓS MESMOS.

¿Qué pasaría…?
-Se nos tomáramos en serio a nosa vida interior?
-Se fóramos honestos con nós mesmos?
-Se nos tomáramos en serio a nosa dimensión espiritual?
-Se comprendéramos que se nos regala a vida con data de caducidade?
-Se aceptáramos que para ser feliz non fai falta ter moito poder, nin moitos cartos, nin moitos bens materiais?

Hai quen di que é imposible ser feliz vendo tanta inxustiza ó noso carón.

EU PENSO QUE EN BOA MEDIDA, A FELICIDADE DEPENDE DA RIQUEZA INTERIOR DE CADA PERSOA:
-Se vostede quere sorrir á vida, ninguén llo vai impedir.
-Se vostede quere ser optimista. ¿Quen llo pode privar?.
-Se vostede quere ve-lo lado positivo da vida, será cousa súa.
-Se vostede quere ver ás persoas con cariño e comprensión… ¿Está no seu dereito, non?
-Se vostede quere facer ben sen mirar a quen, é problema seu.

En fin…
Ninguén sabe os días que lle quedan.
O que si sabemos todos é que ninguén vai saír vivo desta vida.

Entonces…
¿PARA QUE TANTA COMPLICACIÓN?

Este será o título do seguinte artigo.
Espero que alguna das persoas que van a ler esto, compartan comigo algún dos meus pensamentos; entonces xa me dou por satisfeita.
Se non fora así, mala sorte. Estarei engañada.
En calquera caso: moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES