Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir dos pais, vivir cos pais

miércoles, 18 de abril de 2007
Circula por Galicia unha afirmación cínica sobre cal é o mellor xeito de enfrontar a vida neste comezo de século: Vive de teus pais ata que poidas vivir dos teus fillos.

Arredor de 115.000 galegos, entre 35 e 50 anos, viven cos seus pais. A metade, aproximadamente, están solteiros, pero un 39% están casados, o que ven poñer de manifesto o problema de quen non pode acceder a unha vivenda e ten que supeditarse a depender dos proxenitores. Queda unha moi importante porcentaxe para os que non se independizaron por enfermidade de fillos ou pais que obriga a continuar a convivencia.

Mercar unha vivenda consume bastante máis do cincuenta por cento do soldo medio dun rapaz, pero hai xente no paro, xente con soldos moi baixos, xente con problemas que orixina esa cifra de case 115.000 galegos, que se achega ó vinte por cento do total dos galegos en idade de independizarse.

A situación é estable, xa que ó final do pasado século a cifra era de arredor de 117.000, e estes anos transcurridos non fixeron variala de forma sustancial, porque son somente 2.000 menos os que viven cos pais.

Durante este tempo, emprendéronse voluntariosos programas de axuda á adquisición e aluguer de vivenda por parte dos mozos, pero tamén se incrementaron os custos de forma astronómica. E o resultado esta á vista con 115.000 galegos que teñen que vivir dos pais, alomenos parcialmente, e teñen que vivir cos pais sen poder vivir a súa propia vida.

Badaladas coma esta fan que reconsideremos o tema do progreso, do nivel de vida, da mellora da nosa situación colectiva. Que efectivamente mellora pero segue a ter importantes fallos e carencias. A este paso, poderemos vivir dos pais pero non chegaremos a vivir dos fillos porque estes non atoparán clima xeitoso no que nacer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES