Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un nó de angustia e xenreira

lunes, 03 de abril de 2017
Un n de angustia e xenreira Desde hai moitos anos ou o que é o mesmo, desde que os fillos se apoderan da vida de cada un, non volvín ver "o parte" ou "as noticias" en condicións. Porque, ante a mesa (enténdese que os telexornais proxéctanse máis ou menos nas horas de xantar e cear), eles foron e aínda son os donos e señores do mando a distancia.

E tamén se entende que como cativos e como adolescentes, para eles, as noticias nin fu nin mu. Así é que de moitas cousas non me decato. Perdón, non as vexo; xa que os xornais si os leo todos os días. Non obstante, o outro día mentres tomaba o primeiro café da mañá cheguei a ver e a oír a testemuña dunha muller maltratada.

Neses momentos estaba lendo precisamente o xornal e non me quedou outra que erguer a cabeza, poñer os anteollos e escoitar a terrible declaración dunha muller á que case non se lle entendía nada por culpa dos saloucos que deixaba escapar.

De verdade que se me puxeron os pelos de espeto e un nó de angustia e xenreira subiu ata a gorxa. Logo, deuse a casualidade que á media mañá volvín ver e escoitar a noticia noutra televisión. E,o que son as coincidencias, volvín a escoitar eses saloucos, eses terribles choros ás tres e pico da tarde nun café de Baños de Molgas.

En cada unha das veces, e como se adoita dicir, puxéronseme de gravata. Como serían os maltratos que non lle quedou outra que tirarse por la ventá, quedar parapléxica e o malnacido a seguir mallando nela porque non se movía.

Para unha vez que vexo a televisión (ás noites só atendo ás películas), vexo o que non debería ver en tal cantidade. Oxalá non volva presenciar nin escoitar outra noticia desta índole. E oxalá, por suposto, ese malnacido, ese infame, ese levado do demo pague polo que fixo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES