Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O problema dos resíduos

miércoles, 11 de abril de 2007
A transición entre a pobreza e a riqueza que vivíu este país, foi efectuándose lentamente e producindo un paulatino incremento de obxectos desbotados, un lixo selectivo e case selecto que constitúe un síntoma máis do progreso que nos invadíu.

Electrodomésticos no rural, cemiterios de automóbiles, e un millón de toneladas de lixo ó ano, son importante problema que Galicia ten que resolver, coa agravante de que cada ano esa cifra millonaria sofre un incremento do cinco por cento. E o máximo responsable galego confesa que só temos infraestructura para tratar medio millón de toneladas ó ano.

Imponse o tratamento de resíduos, a reutilización, o compostaxe, pero sobre todo imponse unha campaña educativa para que todos aprendamos que o verdadeiro progreso non está en gastar máis senón en consumir mellor, en contaminar menos, en aproveitar máis.

Porque, en definitiva, o problema xa non son os resíduos. O problema somos todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES