Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Humildade e Sencillez

jueves, 23 de marzo de 2017
Resulta curioso:
A maioría das cousas desta vida, gástanse co uso; pero hai outras que canto máis se usan, máis medran.
Entre as que medran, ou fan medrar a quen as practica, están:
A HUMILDADE E A SENCILLEZ.
A HUMILDADE como virtude que nos fai recoñecer quen somos e ata onde podemos chegar.
Es virtude que nos fai ve-las nosas limitacións, a nosa realidade no vivir de cada día.
Oposta a ela, está a soberbia.
Se fixeramos una enquisa preguntando:
¿Considérase vostede, unha pesoa soberbia?
A resposta seguramente sería:
¡Non! ¡Non!
Ninguén quere parecer unha persoa soberbia.
Está socialmente mal visto
Aínda así existen persoas que teñen medo de sentírense inferiores a outras e resúltalles moi difícil aceptalo.
Son persoas inseguras que non están satisfeitas co seu plan de vida porque quixeran ser superiores ás outras.
Para esas persoas recoñecerse humildes é pouco menos que unha baixeza.
Con ese xeito de pensar e actuar nunca serán felices.
-FELICES SON AQUELAS PERSOAS QUE SABEN VALORAR AS CUALIDADES QUE TEÑEN E O QUE VALEN.
-FELICES SON AQUELAS PERSOAS QUE SENTEN AGRADECEMENTO A TODAS HORAS POLO QUE A VIDA LLES DEPARA.
-FELICES SON AQUELAS PERSOAS QUE MANIFESTAN CON ABSOLUTA NATURALIDADE A SÚA HUMILDADE VENDO NAS OUTRAS PERSOAS SERES DOS QUE PODEN APRENDER MOITAS VIRTUDES PARA O SEU ENRIQUECEMENTO INTERNO.
Da man da humildade vai a SENCILLEZ.
As PERSOAS HUMILDES DE CORAZÓN, TAMÉN SON PERSOAS SENCILLAS que non precisan facer ostentación de nada.
Non precisan poñer adornos engadidos á súa vida porque son como son, tal cual.
De feito, son as súas virtudes as que as delatan por onde queira que vaian.
Son persoas que se aceptan, teñen a súa autoestima alta e séntense felices consigo mesmas ó mesmo tempo que irradian felicidades ós demais.
Móstranse con naturalidade.
Ese tipo de persoas leva a mellor parte.
Realmente hai moitas persoas humildes e sencillas que namoran coa súa presenza.
Hainas en tódalas clases sociais:
Desde as que gozan unha economía escasa e unha instrucción moi reducida; a outras que nadan na abundancia en economía e máis en sabedoría.

A SÚA HUMILDADE E A SÚA SENCILLEZ SÁELLES DO CORAZÓN.
Afortunadamente hai moitas persoas así.
Son as que levan o mundo cara a bo porto.
Ese tipo de persoas aproveitan tódalas oportunidades:
-Para formar comunidade porque son sociables.
-Para convivir porque saben que convivindo enriquécense.
-Para compartir porque sempre teñen algo para dar.
-Para disfrutar da vida xunto cos outros, PORQUE DISFRUTANDO XUNTOS; DISFRÚTASE MOITO MÁIS E MOITO MELLOR.
Cando nunha comunidade destacan algunas persoas humildes, sencillas, serviciais, con raíces e amor á terra que as viu nacer e medrar; prodúcense froitos de valor incalculable: convivencia, harmonía, fraternidade…

“CONVIVENCIA, HARMONÍA, FRATERNIDADE…” será o título do seguinte artigo.
Sei que moitas das persoas que van a ler este artigo -da miña humilde e sencilla opinión-, son persoas humildes e sencillas de corazón.
Por eso quero darlles as grazas, polo moito que me aportan; porque parte delas forman parte directa da miña existencia.
Graciñas!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES