Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por estética!

lunes, 20 de marzo de 2017
Recuncho Hebdomadario
Por estética!

Hai que recoñecer que a conciencia humana é ben revirada. Creo que a temos máis que envelenada. Resulta que España prohibe amputarlle o rabo e as orellas os cans "por estética". Aí é nada... por estética! Pola dor que poidan sentir, iso é o de menos. Aínda que se queixen, como no falan, igual pensamos que o fan por vicio. Hai que ser bestas! E despois chamámoslles bestas ó animais. Ollo ó dato, o PP, é dicir, o Goberno que nos goberna era partidario de que se lle amputasen ós das razas cazadoras (os nazis eran rubios e altos e guapos e gaseaban ós xudeos). Ante isto, non queda outra que meterse en problemas porque nos alporizamos, nos enrtabechamios e dicimos que algúns merecen a morte antes que uns pobres animais. Se insultas a un toureiro, moito coidadiño!, non vai ser que... É certo, o touro tampouco fala e vai ti saber de que se queixará. Ademais, iso é pura arte. Tanta que xa pertence á festa nacional. Hai momentos na vida en que si desexas de corazón que un can de raza perigosa faga bocado en tal sitio (si, nese que xa imaxinamos todos) a certos individuos para que así saiban se hai aí dor ou non hai dor. Pero non, os de raza perigosa teñen que levar bozo ou fuciñeiras, mentres que "outros animais" si poden botar a lingua a pacer. Cada vez estou máis convencido de que alguén, quen fose, destribuíu mal o mundo. Moi mal. E segue sen sairme da cabeza o da estética. Nunca che pensei eu que o maltrato fose estético. Por estética córtanlle as orellas para que llas coman as moscas. Por estética chímpanlle o rabo para que o seu gran signo de alegría non o amose. Romperíalle a cara a uns cantos, a ver se así, por estética, estaban máis guapos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania