Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cidade dos museos

lunes, 20 de marzo de 2017
Hai algún tempo, co título “Turismo cultural e ambiental”, a Universidade de Vigo celebrou un curso de verán, cuxas ponencias chegaron a nós. Delas extraemos contidos que poderían ser motivo de reflexión para quen na nosa bisbarra están na obriga de poñer en valor os recursos turísticos, entre os que ten unha sinalada importancia o patrimonio cultural dos pobos que o forman, según a Unesco: as obras dos seus artistas e artesáns, arquitectos, músicos e escritores; así como as creacións da alma popular; as obras, materiais e inmateriais que expresan a creatividade dese pobo: a lingua,os ritos, as crenzas, lugares e monumentos históricos; a literatura… O patrimonio cultural, en calquera das formas, é un recurso moi significado, e a conservación e respecto, obrigan a non cometer con eles, nen permitir,tipo algún de agresión; é un deber, e unha reponsabilidade, amais de obriga institucional. A experiencia e os estudos din que, a pequena escala, é decir, a local, non é a mais axeitada para a potenciación turística. Os expertos sinalan que é a comarca espazo idóneo para promover, con sensatez e eficacia, o desenvolvemento turístico. "Os museos, dada a propiedade como mediadores culturais, e a diversidade tipolóxica, constituen un importante recurso para o Turismo", dí a Unesco.

Mondoñedo conta cun importante museo Diocesano;pero pero existen outras facetas de especial relevo na historia do pobo. Próxima a dispoñibildade do de Cunqueiro, tiña que contar xa con un da museo da cerámica popular, o da música e tamén o da prensa e imprenta.

Coidamos que non é preciso extenderse nas razón obxetivas, ben coñecidas, que avalan a proposta. En todo caso nós, dende hai moitos anos, propugnamos a Mondoñedo como “cidade dos museos” pola historia e monumentalidade da mesma, para maior esplendor e atractivo da comarca, situada a vella e histórica cidade no centro da mesma.

A suxerencia é compatible coa presencia de museos diversos na bisbarra,onde xa existen, públicos e privados, algúns de sinalado interese; e mais que ogallá xurdiran. A rede museística da Mariña, con epicentro na “Cidade dos Museos”, potenciaría a todos e cada un deles. E tamén ós pobos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES