Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cataluña berra, Euskadi susurra, e Galicia cala

lunes, 20 de marzo de 2017
Os gobernantes de Cataluña levan tempo intentando romper as reglas de xogo e o xogo mesmo e conseguir polas bravas o que unha parte dos habitantes daquelas terras tentaron conseguir polas boas, sen éxito polo de agora.

Hai unha novela de Lois Dieguez, Galou Z 28, que especula sobre unha Galicia que se separa do resto da Península, para vivir unha vida nova pola súa conta. E xa é un clásico “La balsa de piedra” de Saramago, que fabula con que se abren os Pirineos, e España e Portugal se separan do resto de Europa para viaxar libres polo Océano Atlántico. Non sei se na literatura catalana teñen –seguro que si- a narración dalgunha epopeia que os permita separarse físicamente de España de cara ao Mediterraneo, porque pasar por Xibraltar cara ao exterior sería ben difícil.

O goberno español non deixan de proclamar que todo está atado e ben atado, que coa lei todo e sen a lei nada, pero os desafíos prodúcense cada día, sen que pareza haber puntos de coincidencia, aínda que conversas parece que houbo e haberá.

Aínda que en tempos de conflicto non conveña facermudanzas, os gobernantes cataláns demostran ter presa na súa fuxida, en tanto que similares forzas doutros lugares con tanto dereito autonomista – independentista?-, gardan silencio.

Cataluña berra, Euskadi susurra, e Galicia cala… As forzas nacionalistas non falan deste tema, e non parecen ter demasiado interese en deixar clara a súa postura independentista… por non ser o momento, ou por saber que as mensaxes deste tipo non teñen moitos seguidores no noso pobo.

E pensar que sempre coidamos que os catalàns –os tópicos son así- adoraban “á pela” por encima de calquera outro valor… Que ao mellor seguen sendo igual de prácticos, e poñendo euros enrriba da mesa de negociacions cálmanse os ánimos. Que, neste caso, xa non se trata dun tres ou catro por cento, como recentemente alguén confesou, senón que, xa que España os rouba, queren conseguir cen anos de perdón esquilmando a quen con eles, seica, como ladrón se porta.

O tema é tan recurrente, tan cansino, que se se fixese un referéndum nacional sobre a separación dos cataláns, ao mellor conseguían a independencia só por perdelos de vista.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania