Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pasodobre da igualdade

miércoles, 01 de marzo de 2017
A chirigota sevillana “No te vayas todavía” acadou gran difusión en internet ao dedicarlle un emotivo pasodobre a súa única compoñente feminina: Alba, encargada de manter o ritmo do grupo a bombo e pratiño. Unha época que se converte nun auténtico homenaxe á liberdade humana como é o entroido ten que abrirse á posibilidade de concienciar socialmente. Moitas veces a utilización do humor é máis efectiva que as campañas ou as conferencias maxistrais que, por suposto, non se poden deixar de facer; sobre todo, cando continuamente estamos a ver vítimas de violencia de xénero.

O problema é un problema social e débese resolver na sociedade. Por suposto, unha parte fundamental da solución é educar en igualdade pero hai outra parte da que é depositaria a propia sociedade e está constituída polo acto de rexeitar todo tipo de maltrato acollendo en todo momento á vítima. Este acto pódese desenvolver dende múltiples perspectivas e con múltiples accións.

O feito de que nun programa de humor baseado nunha tradición cultural que ten un carácter ancestral como o entroido apareza o tema da igualdade de maneira positiva e celebrando un feito, en certa medida, histórico constitúe un paso máis cara á igualdade. O humor suma desdramatizando, apoiando sempre o bo, apoiando a quen sofre e a quen apoia a quen sofre, dotando a ambos dunha nova perspectiva que contribúe a buscar saídas nesa rúa cega que moitas veces define a situación das vítimas.

A igualdade convértese nunha ferramenta de prevención, de xeito que cada espazo conquistado pola muller constitúe un novo semilleiro de liberdade.

Paréceme moi significativo na canción que lle dedican a Alba o verso “resuena marcando el tiempo”, facendo referencia a que é ela a encargada do bombo e, polo tanto, do ritmo. Como tantas veces dicimos, nun país normal isto non debería ser noticia e, polo tanto, este artigo non debería ter transcendencia.

Non en tanto, necesitamos celebrar “a festa da igualdade” pois fagámolo coa esperanza de que na vindeira xeración sexa algo totalmente integrado na sociedade, algo cotiá como a luz do día ou as estrelas da noite que nos deleitan todos os días con beleza que non esixe celebración. Este si que sería un avance verdadeiramente histórico sempre que non veña, como outros, engaiolado nas teas de Penélope...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES