Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis ca palabras en Nigrán

martes, 27 de marzo de 2007
Cando se manexan cifras tan elevadas, das palabras pódese pasar ós feitos; das malas palabras ós feitos malvados.

Un paquete bomba en Nigrán ven a dar unha badalada de aviso a un sector e a unha terra. A un sector, considerado motor da economía do país, e a unha terra que parece ver na explotación do sólo mediante a construción a panacea para situármonos no cumio do turismo, do desenvolvemento, do progreso e da rendibilidade.

No litoral galego estase a construir de xeito desaforado. No interior tamén, aínda que non con igual frenesí, que ven ser proporcional á afluencia de compradores, que na zona costeira son lexión.

O da bomba non é a primeira badalada. Tres membros do Bng foron agredidos ou sufriron danos importantes nas súas propiedades, e a sede do PSOE sufríu un asalto. Este de agora, parece ser un aviso máis forte e claro.

Xa son moito máis ca palabras. O peso da Lei ten que caer sobre os culpables, e as administracións involucradas deben vixiar escrupulosamente o cumprimento das normas e a marcha de tódolos procesos de edificación en lugar tan manifestamente conflictivo.

Son estes malos momentos para a racionalidade, tendo en conta que o sector da construcción pode sufrir un parón ou ralentizarse, e tódolos implicados nesta actividade procuran situarse antes de que veñan mal dadas.

Cando se pasa das malas palabras ós malos feitos, é o momento de que os poderes públicos tomen as medidas oportunas. Estamos seguros de que se están tomando, e que unha situación coma esta non volvera repetirse.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES