Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Restauradores alarman sobre os frescos da igrexa dos Vilares

martes, 28 de febrero de 2017
Por encargo da Asociación Sociocultural Lareira de soños, dous técnicos de restauración de contrastada experiencia analizaron o pasado luns o estado dos frescos dos Vilares.
Restauradores alarman sobre os frescos da igrexa dos Vilares
Confirmaron o preocupante estado das pinturas murais da igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, descubertas a mediados dos anos noventa o pasado século, agravado polo desconchado da pintura provocado pomo rozamento dos bancos da igrexa, que non conta con un sistema sistema de protección que evite o contacto. O paso dos anos, as humidades do inverno, a escasa ventilación pola reducción de actividades de culto na igrexa, son tamén factores que cada ano inflúen negativamente na súa conservación e que fan perigar a cada paso a súa recuperación. Os primeiros frescos, que están situados de fronte á entrada e representan tres escenas dos evanxeos:
1- A lamentación de Cristo Morto.
2- A imposición da cánula a San Ildefonso
3-Santiago Matamouros.

A parede á dereita da entrada (da Epístola) representa:
1-Ornamentos xeométricos.
2-Fragmento de escena de paisaxe.

Estes elementos pictóricos conserváronse polo costume profiláctica desde o século XVI de calear as paredes para evitar a proliferación de pestes e enfermidades.

Datan, segundo o estudo de Monterroso Montero, do Século XVI, probablemente de 1530 a 1540, coincidindo cos da igrexa de San Estebo de Parga. Probablemente o autor, polas coincidencias iconográficas das pinturas, sexa o Mestre de Parga, moi coñecido na época.

Hoxe, os frescos dos Vilares, deteriorados e en perigo de desaparición definitiva pola falta de atención e mantemento, as humidades, e o paso do tempo; precisan de traballos profesionais de recuperación como elemento patrimonial de grande importancia e para evitar que pasen a ser lembrados unicamente por publicacións como a mencionada anteriormente.

Ambos técnicos coincidiron na urxencia de acometer unha restauración integral de urxencia, xa que realmente non só habería que consolidar para frenar o deterioro, senon tamén facer outra serie de procesos como o sentado da policromía, ou deseño dun sistema de protección para que os bancos non toquen o paramento para frenar realemente a pérdida diaria dos restos pictóricos.

Os restauradores que analizaron esta mañá as pinturas incidiron no valor histórico e patrimonial dos murais e na importancia dos mesmos sumada ao conxunto das Reixas, coa propia igrexa orixinaria do século XII e que sufreu varias ampliacións posteriores, o sartego, os retablos e o calvario, que fan un conxunto único e de moita importancia que é necesario protexer e revalorizar.

A Asociación Sociocultural Lareira de soños seguirá reclamando das distintas administracións e da igrexa a recuperación e posta en valor dos frescos e demáis elementos despois de ter entregado xa un proxecto e tramitado permisos para esta actuación, polo que só resta concretar as partidas orzamentarias necesarias sen máis dilación dado o estado das pinturas e a urxencia de abordar esa recuperación definitiva.Restauradores alarman sobre os frescos da igrexa dos Vilares
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES