Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

García Márquez en Haití

viernes, 24 de febrero de 2017
Arribou no porto de A Coruña o megaiate dun oligarca ruso. Máis que barco exclusivo, unha indecencia de 260 millóns de euros: hai hospitais públicos que custan menos. Cociñeiros de sona crean menús elitistas para carteiras excesivas. En Qatar, un exército de escravos constrúe estadios para lexionarios do fútbol e masas domesticadas co panem et circenses. Velaí a néboa que oculta o que pasou, o que pasa, o que volverá a pasar en sitios como Haití.

Contan os satélites que desde o ceo vese nidia a fronteira entre Haití e República Dominicana: unha inquietante bandeira visual, ocre a un lado verde no outro. A masiva deforestación contribúe á vulnerabilidade do pequeno país sen petróleo, sen electrecidade, sen carbón que cociña coa madeira cada día máis escasa. Sen cuberta vexetal, as chuvias provocan inundacións, e cando chega puntual o furacán noso de cada temporada, arrasa vidas e casas.

A néboa mediática impide ver que máis da metade dos haitianos vive hacinada en barrios de chabolas indefensos ante unha epidemia de cólera, ante o furacán Mattews, ante un terremoto. Os deuses son así de sombríos. Seis anos despois do gran terremoto de 2010 que matou a un cuarto de millón de persoas, o país asolagado de cascallos, soportou unha epidemia de cólera.

A ruta dos furacáns pasa por Haití, Cuba, Jamaica chovendo sobre mollado: inundacións, destrución de casas, perda de colleitas, pobos costeiros devorados polo mar, pontes e infraestruturas desfeitas. Desgrazas na casa dos pobres. Porque os furacáns, tamén Mattews, chegan ás costas USA, con tempo e oportunidade de evacuar millóns de persoas. En Haití a xente non quixo abandoar pertenzas e casiñas demasiado febles para soportar un furacán de categoría 5.

Haití, no posto 163 no Índice de Desenvolvemento Humano, é o máis pobre de América Latina, un país fallido dependente da axuda internacional. A súa fraxilidade é incapaz de facer fronte a dexastres naturais e políticos. A inestabilidade política e a corrupción galopante contribúen desde sempre a debilitalo. Paradigma do mito de Sísifo, volta a empezar despois de cada furacán, despois da cada ditador, despois de cada terremoto. Ademais éche un país negro, é dicir invisible para a comunidade internacional.

O furacán Mattews é outro deus sombrío. Centenares de mortos, miles de desprazados, unha paisaxe de devastación. Nin os que tratan in situ de axudar teñen completa a imaxe da catástrofe. Só queda pensar no día de hoxe. Que auga beberá a xente ou se poderá comer mañá. No lado temperado do mapa sae do porto de A Coruña o megaiate cargado de oligarca. En Qatar un exército de vermes humanos constrúe estadios obscenos. Onde non hai fame medran os masterchefs. E se a merda tivera algún valor, os haitianos nacerían sen cú, escribiu máis ou menos García Márquez.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES