Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O difícil transporte de enerxía

lunes, 26 de marzo de 2007
Todos temos conciencia do cara que resulta a enerxía para os consumidores, tanto polos custos de producción como polas porcentaxes que a Administración percibe como impostos especiais.

Pero hai un aspecto no que moitas veces non nos fixamos: o da dificultade de transporte desa enerxía, sexa en base a costosos tendidos para a enerxía eléctrica, milleiros de camións para os líquidos combustibles e descomunales conduccións para o transporte dos fluidos. Dificultades que corresponden a un capítulo moi importante da factura ó noso cargo.

Hai outro tipo de facturas a cargo da sociedade como son os accidentes que este transporte orixina, as ocupacións de fincas, e os custos multimillonarios para a construcción das instalacións transportadoras.

Plantéase agora en Galicia a ampliación da rede gasística, o desdoblamento dos gasoductos e a construcción de enlaces cos conseguintes problemas que empezan polo trazado e ocupación de terras que xa teñen orixinado dificultades, porque existindo un trazado non se segue o mesmo para desdoblar a instalación causando danos irreparables ós propietarios das fincas.
Parece haber vontade decidida da Administración e dos grupos empresariais implicados no tema, e a rede de transporte de gas vai recibir un impulso importante para cubrir as necesidades, que cada día son máis, da comunidade galega.

Pero hai que aplicar moita sensibilidade para non danar mais do debido ós afectados, evitando problemas e custos excesivos. O difícil transporte de enerxía non debe complicarse máis facendo trazados sobre o papel, esquecendo que se está a xogar con propiedades privadas, que son vitais para os seus propietarios.
Sentidiño, pois, que estas cousas é mellor levalas polas boas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES