Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por qué existen persoas boas?

jueves, 16 de febrero de 2017
A verdade é que todos intentamos ser bos.
É máis: todos nos consideramos máis ou menos bos.
Realmente todos estamos feitos da mesma masa, pero tamén é certo que todos somos diferentes, afortunadamente.

Esas diferencias, que en realidade son unha riqueza, son as que moitas veces nos fan actuar de maneira que non quixeramos, cando nos atopamos ante situcuións que non cadran coa nosa maneira de ve-la vida.
Por eso dicimos moitas veces que é a propia vida a que nos fai “malos”.

A min paréceme que bo de todo non é ninguén, pola sencilla razón de que non somos perfectos.
PERO, SALVANDO AS DIFERENCIAS, HAI PERSOAS QUE SON EXCELENTES, SON EXEMPLARES, SON MODÉLICAS, SON BOÍSIMAS.

¿POR QUÉ EXISTEN ESAS PERSOAS TAN BOAS?
-¿Porque naceron?
-¿Porque se fixeron?
-¿Por que a vida as tratou con dozura?
-¿Porque a vida as tratou con dureza?
-¿Porque a vida lles ensinou a lección?
¿Por qué será..?

Será por algo de todo, digo eu.
Todo contribúe na construcción da nosa maneira de ser, xa o dicía Ortega y Gasset.

Os cristiáns dicimos que:
“Para os que aman a Deus, todo contribúe para o noso ben”

Aínda que todos nacemos da mesma maneira:
-Non todos nacemos cos mesmos talentos.
-Nin nas mesmas condicóns sociais.
-Nin nas mesmas condicións cuturais.
-Nin tampoco nas mesmas condicións económicas.
O factor sorte, tamén inflúe…

Pero… en tódalas clases socias hai persoas que destacan pola súa bondade:
HAI PERSOAS QUE SON DUNHA MASA ESPECIAL, PERSOAS CARGADAS DE AMOR QUE IMPREGNAN DE AMOR TODO CANTO FAN, TODO CANTO VEN E TODO CANTO TOCAN.
¿Por qué irradian tanta bondade?
Porque ademais de nacer, tamén poñen todo o seu empeño no que fan.

Andando pola vida, atopámonos con persoas así:
Fai poucos días escoitei unha frase que me producíu unha enorme satisfacción.
Unha rapaciña que coñecín como guía-acompañante nun circuito cultural do IMSERSO, díxome:
“NO CONCIBO MI VIDA SIN PONER AMOR EN TODO LO QUE HAGO”
¡Que frase tan preciosa!
¡Que pensamento tan profundo!
¡Canto amor encerra o corazón de persoas así!

Loxicamente, unha viaxe non dá para coñecer en profundidade a unha persoa, pero polo que puiden observar, a rapaza da que falo ten moita historia vivida en poucos anos.
A vida deulle máis dun golpe ben forte, pero ela –lonxe de afundirse- sacou o mellor de seu interior e leva unha vida plena.
Unha vida plena e pletórica de alegría, bondade e felicidade.
Vendo o seu sorriso, vendo a súa profesionalidade, vendo o seu xeito de proceder con todo e con todos…
Calquera diría que tivo unha vida de rosas.
Calquera diría que a vida a leva en volandas.
Calquera diría que non sabe o que é sufrir…

Pero na súa vida tamén houbo espiñas ben dolorosos –según me contou.
Algunhas tan dolorosos que as levará cravadas no seu corazón de por vida.
A vida é dura para todos.
Ninguén o pon en dúbida; pero para ela -sendo aínda moi nova- xa non hai queixa.
Son, precisamente, as experiencias duras as que lle fan ir pola vida cargada de amor e coa vista posta na bondade das persoas; porque, según me dixo ela:
“ NON TODO É MALO”.
(Ela sabe o que é malo e por eso se fixa no bo e sabe valoralo na súa debida medida)

Ante as dificultades, ante os golpes da vida; hai quen se afoga, hai quen cae nunha depresión para sempre; pero tamén hai quen saca valor e failles fronte co ánimo ben alto.
¡OXALA TODOS SAIBAMOS POÑER AMOR EN TODO O QUE FAGAMOS!
¡OXALÁ NOS LEVANTEMOS TÓDOLOS DÍAS CON ESE PROPÓSITO!
Esta rapaciña deume unha gran lección.
Quedareille agradecida para sempre.

A verdade é que eu xa veño intentando poñer canto máis amor teño no que penso, no que digo e no que fago; pero non está demais que alguén mo recorde para poñer un pouco máis empeño cada día.
Encontrar persoa xoves con ese xeito de vida dinos que non podemos perde-la esperanza nun futuro mellor.
Non estamos sós.
Somos moitas as persoas que –como vostede, como esa rapaciña e coma min- poñemos amor en todo o que facemos.
Por eso seguimos loitando con amor sen perde-la esperanza nun futuro mellor.
“NON PERDEMOS A ESPEPERANZA”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e polo amor que pon en toda a súa vida.
O amor é o que move o mundo cara a un futuro mellor.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES