Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agrávase cada inverno a situación dos frescos dos Vilares

martes, 14 de febrero de 2017
Agrávase cada inverno a situación dos frescos dos Vilares
A Lareira de soños urxe a restauración dos murais do século XVI

San Vicenzo dos Vilares é unha igrexa do lugar de As Reixas (Guitiriz) coñecida por varios motivos. Un deles, que alí ten lugar a celebración da popular romaría da Virxe dos Desamparados. Outro motivo, a xoia que acobilla no seu interior: restos de pintura mural ao fresco do Século XVI e que forman un ciclo ao longo dos muros da igrexa, con temática variada. “O estado xeral de conservación é verdadeiramente moi malo. A gravedade acelerada e activa dos axentes de deterioro, provoca en primeiro lugar o risco de desprendemento das pinturas murais, polo que urxe imperiosamente proceder á sua restauración, xa que de acabar caendo, a súa pérdida sería irreversible”, sinalan desde a asociación Lareira de Soños. “Podemos dicir que se está a perder un ciclo mural ao fresco de gran relevancia artística é histórica para a provincia de Lugo”, engaden.

Representantes da asociación contactaron con responsábeis da Deputación de Lugo o pasado verán e a pesares da resposta positiva, ainda non se ten dado ningún paso ao respecto. Mentras, a Asociación Sociocultural Lareira de soñosten solicitado e concedidos os permisos da Diócese Mondoñedo-Ferrol para acometer as actuacions na igrexa ademáis de apresentar un proxecto de restauración dos frescos. Tamén temos entregado o proxecto e solicitude de aprobación dos traballos en Patrimonio da Xunta con respista positiva para a restauración dos murais, descubertos en 1991, ao quitar caleado das paredes, frescos datados no século XVI e aos queseus se lles atribúe a autoría ao Mestre de Parga. As orixes de San Vicenzo dos Vilares datan do século XII, "se ben os restos románicos redúcense aos muros laterais da nave con varios canecillos, sendo a fachada principal do XVIII. No exterior o conxunto está formado un adro murado con baixo muro de pedra granítica, con cruceiro, dúas pilas bautismais e un sarcófago. Támén existe un Calvario nas inmediacións. No interior ten catro retablos neoclásicos e un barroco con tallas dos séculos XVII e XVIII".Agrávase cada inverno a situación dos frescos dos Vilares

Cada inverno é un paso máis na degradación das pinturas pola humidade, o desconchado provicado polas bancadas e outros elementos, polo que a consolidación para a protección e a posterior restauración son vitais para esta esta obra artística de grande valor patrimonial e histórico.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES