Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifestacións

martes, 20 de marzo de 2007
Manifestacins Só unha vez me manifestei. Despois dos horribles atentados de Madrid, camiñei gregario por Lugo ata a Subdelegación do Goberno onde cheguei cando todo rematara.

Nunca antes. Nunca despois, agardo, porque este xeito de opinión está tan deturpado que debe quedar restrinxido ós que non teñen outro xeito de facerse oir.
Así, nin un só político debería manifestarse, xa que teñen foros onde expresarse. Nin un só sindicalista, xa que teñen as súas agrupacións. Nin un só afiliado a un Partido, que en todos eles debe haber canles deexpresión.

As manifestación tiveron o seu momento na Transicion, cando todo comezaba. E chegou a pensarse na necesidade dun Manifestódromo en cada cidade para non colapsar cada dous por tres as zonas céntricas.

Só deberan permitirse manifestacións de carácter singular: gardas civís con tricornio, eclesiásticos con manteo (xa non se se leva), e pacifistas contra a guerra, que poden ser da oposición contra o goberno, ou do goberno contra a oposición que antes foi goberno.

¡Canta enerxía malgastada!. Manifestarse para nada, é unha perfecta tontería. E mira que hai manifestantes.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES