Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don José Gea Escolano, un bispo noso de Mondoñedo

jueves, 10 de agosto de 2017
Benquerido D. José:
Primeiramente o meu máis cordial e respectuoso saúdo. Como lle vai polo alén nese encontro amoroso co ABBÁ, inefábel? Rece por min, meu señor. E logo quero darlle as grazas por todo. Foron moitos anos. Unha aperta garimosa. Sempre seu, Xaquín Campo Freire.

E agora cambio de xénero literario. Quero situarme en Mandíá. Na misa parroquial e despedilo coa oración comunitaria parroquial, coma cando nos fixo as Visitas Pastorais. Lembra, non si? Nós tamén.

A nós sempre nos caracterizou poñer alma, vida e corazón nas despedidas dos nosos. Hoxe, en clima de fe, esperanza e oración, queremos agradecerlletoda a súa entrega a D. José Gea, aquel bispo que nas Visitas era tan achegado, positivo e profundamente relixioso. Deixaba tras de si un halo de paz, concordia e ganas de seguir adiante con confianza. Certamente nas Visitas tiña un don.

Queremos vivir nun clima de fe este intre do acontecer de Deus. É un momento axeitado para intercambiármonos o perdón. Que nada fique entre nós que nos impida ser sal nesta terra e luz que alumee e nos achegue á nosa misión no mundo. Unha oportunidade senlleira para a máis sincera gratitude. É a grande hora das bendicións: Ben-dicir. Fálelle, D. José, a Deus Noso Pai, as mellores palabras desta nosa diocese. Vostede, que escribía curto pero moi ben, poña os nosos nomes no libro grande da Trindade Santa. Nós “ben- diremos” a súa memoria. Hoxe querémolo facer coa pregaria de Gabriela Mistral, aquela poetisa dos nenos e da tenrura. E queremos rezar así: “Señor, Tú sabes como con encendido brío, por los seres extraños, mi palabra te invoca. Vengo ahora a pedirte por uno que era mío: Te digo que era bueno, te digo que tenía el corazón entero a flor de pecho, que era suave de índole, franco como la luz del día, henchido de milagro como la primavera”.

Seguramente non coincidiamos en todo. Pero concordamos profundamente cando falou dos “espaldas mojadas” que arriscaban a vida cruzando o estreito de Xibraltar. Daquela vostede,dunha forma clara e contundente,defendeunos contra das infamias dos que os desprezaban e atacaban: “Si yo estuviese en sus condiciones de pobreza y desesperación, yo hoy sería un espalda mojada”. Que ben se lle entendeu en toda España!

No banquete de vodas do señor Álvarez Cascos, nunha zona de pobreza en Andalucía, cando desbaldían as viandas cun derroche humillante diante da fame da xente, vostede ergueu a súa voz de denuncia profética: “Estamos saciados de burlas. Misericordia, Señor, misericordia, que estamos saciados de desprecios”. No mundo dos “satisfeitos” non gustou nadiña que escribise iso de salmo 122.

Logo tiña vostede as súas teimas. Moitas delas incluso facían pensar. Outras facían graza. Sabía rirse e desdramatizarnos intres de apuro e agonías. Tivo sentido do humor.

E seguramente moitas veces sufriu en segredo os camiños avesos. Aos nenos sempre lles mostraba como se “tiraba” un penalti. E logo falaba con eles con confianza. Tiña vostede o don dunha boa comunicación.

Eu persoalmente teño de agradecerlle o permiso diocesano para ir estudar Pastoral da Saúde a Roma. Foi unha graza de Deus.

Adeus, irmán, que sexas feliz! Que teñas acougo nos brazos quentes de Deus Noso Pai.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania