Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

50 anos da promoción turística comarcal

jueves, 09 de febrero de 2017
O intento (?) de traballar unidos os concellos mariñáns a prol da promoción turística, non é algo novo. O 23 de novembro de 1967, ha medio século ,no pleno do concello de Foz, dábase conta do escrito de O Vicedo, no nome dos alcaldes do litoral, interesando a constitución dun órgano para o fomento do turismo que formarían Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo.

Os edís focenses aceptaron a proposta e a constitución da que se chamou “Mancomunidad Turística de la Costa Lucense,” designando representante na mesma ó alcalde Pepe Beltrán, que logo sería elexido presidente. Por aquelas datas este cronista cumpría funcións de corresponsal de prensa, o que facía que asistira ás reunións. Son moitos anos e pérdese a memoria dos feitos, pero aínda así, lembramos cómo era case imposible lograr que ás xuntanzas asistisen a totalidade dos membros; que maiormente carecían de ideas ou cómo afloraban a cada intre as actitudes localistas e irracionais ; e nesas estamos…¡nada novo hai baixo o sol!. Digamos que os concellos vivían unha auténtica penuria económica, con presupostos irrisorios; carentes de medios,o que moitas veces impedía materializar o proxecto mais modesto.

Estaban de moda os “slogans” que, con marchamo publicitario, dalgún xeito definían as distintas zonas: “Costa del Sol”, “Costa Brava”, “Costa Dorada”… A nosa sería, en adiante, “La Costa de Las Mil Playas”. A acción divulgativa foi tan pobre que apenas chegou a coñecerse, como ocorre con “Máxica por Natureza” 50 anos despois: o cronista soubo dela por adiantar pola estrada, en ocasións, o autocar de Morán que o lucía en senllos costados; non mais.

En tanto tempo pódese decir que os nosos políticos, aparte de ir a Fitur,”en longa riola”, como Curros Enriquez decía que os rapaces da escola seguían ó gaiteiro de Penalta, que a laboura quedou reducida ós insistentes anuncios (foguetes) de iniciativas que endexamais se consumaron. Evidencia que nos fai preguntar: “¿ Gobernantes ou fogueteiros?”.¿Ata cando haberá que facerse a mesma pregunta?...Porque en ¡¡50 ANOS!! os políticos, de toda índole e condición, que pululan polo territorio mariñán, e os que antes o fixeron, demostraron ata a saciedade, e demostran a súa incompetencia para unha mínima xestión turística; nen sequera para a creación dunha modesta infraestructura compartida, conducente á súa promoción…

A obsesiva debilidade dos políticos por “sair nos papeis” fai que aqueles, de tempo en tempo,aparezan nos mesmos, voceiros dalgunhas novas que parecen non ter mais obxetivo que o sinalado, porque a noticia quédase no enunciado e nunca se ve materializada, nen se sabe mais : son os fogueteiros dunha festa na que non soa outra música que o estoupido dos foguetes, nen outras luminarias que non sexan as dos fogos de artificio; e ao remate, ¡todos para a casa que isto acabouse…!.

Tal conducta, por habitual, fíxose norma; e os nosos rexedores, primeiros actores da comedia fraudulenta e inacabada, propia dun narcisismo político carente de todo rigor e de todo compromiso coa sociedade.Canto antecede, e moito mais, fica rexistrado nas hemerotecas: Un consorcio se hará cargo de la promoción turística de A Mariña (5-3-04).””Los ayuntamientos ultiman una asociación de desarrollo turístico(23.12.04). “Los concellos prometen agilizar la asociación mariñana para el turismo (7.10.05). La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitarà la llegada de turistas (29.1.05). A Mariña y Occidente astur se unen para la desestalinización(12.10.05). Ayuntamientos harán un consorcio para el plan turístico Cantábrico Occidental(30-4-05). “La comarca ya tiene consorcio para desarrollar el turismo.La entidad funcinará cuando los 16 cncellos implicados aprueben los estatutos. (7.5.05). Viveiro, Ribadeo y Foz potenciarán el sector en el occidente astur(7.10.05). Los concellos mariñanos quieren dar un nuevo impulso a la promoción turística.(18.7.07).Campos de golf de Extremadura y Portugal servirán de modelo para la instalación local. Viveiro y Foz apuestan pr el Golf (31.1.04).El concello creará 4 rutas para fomentar el turismo: 2005 será el año de A Frouseira (26.8.04). Alcaldes y fundaciones acordaron crear un archivo fotográfico (7.10.05). Viveiro capitanea un proyecto de promoción de la zona con nuevas tecnologías (12.2.05). Turismo plantea otro Parador y campo de golf en A Mariña(6.10.07). Foz: auditorio, principal proyecto (9.8.90)..El tren expreso de La Robla, hará paradas en Foz (8.1.10). e así indefinidamente ,que 50 son moitos anos e aquí queda só unha mínima mostra da labor dos Político/fogueteiros. ¿ Qué credibilidade poden ter?. Xa o dixera o pintor Laxeiro: “qué terra mais fermosa, pero….¡ qué carallo de xente…!.”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES