Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirar para entender o que diante de nós pasa

sábado, 04 de febrero de 2017
Os síntomas dun país en desfeita, e non quero ser tremendista nin moito menos, non están tan só nas presenzas estéticas que se amosen en calquera escaparate, que tamén. Non están nas aparencias e nos edificios fermosos que se amosan a primeira vista ou nas grandes estradase vías de comunicación.

Están, moito máis cerca, están nas persoas que as habitan e precisamente, na súa arte e cultura, na inmaterialidade que é felicidade e que se comparteno ser, no estare realizarse. Non están, e falo do presente, neste esquecemento tan común que se espalla nunha boa partede xente, que non mira o seu pasado e os múltiples legados culturais que posuímos. Se observades un pouco, ... a nosa Cultura Tradicional -por exemplo- está en mans de galeristas, de museos, mesmo de “mesturadores” que forzan unha evolución abrasiva apoiada na mestizaxe con outras, na globalizada reunificación de diversidades, de heteroxéneas formas de igualar o que é diverso e que por ser diverso existe, senón non tería sitio.
Mirar para entender o que diante de nós pasa
Tampouco é moi rigorosa esa amalgama metamórfica do que somos porque ao ser forzada e intencionada, retrae o avance e o desenvolvemento de por si en novas canles. Isto dificulta a percepción clara das transformacións que esa cultura acade, axitándose, articulando unha nova sociedade, incorporando novas solucións. Sucede isto non só na Cultura Tradicional, tamén na Cultura que nos leva polo desenvolvemento cognitivo da vida. A Cultura da comunicación e do desenvolvemento.

Aparecen novas formas de expresión, novas realidades, novos conceptos, novas técnicas de chegar a esa satisfacción humana que se encontra feliz diante das distintas manifestación éticas e estéticas que nos habitan. O que se necesita non é a queima total, non hai que acabar con todo para que todo naza. Non debemos quedarnos nos feitos sen reparar nas persoas que fan posible esa evolución do cotiá, do que fundamenta a Cultura Común da nosa orixe.

É primordial recoñecer ás persoas tentando absorber a súa afectividade para a Casa Común de procedencia. Cómpre saberse agradecidos, sen límite daquelas persoas que entregan a súa vida á resistencia na arte, na resistencia á verdade e á beleza, aos que combaten coa razón e non se conforman en silencio, aos que resisten coa palabra e feitos en pé de dignidade. Sobre todo cando son da casa, si, da nosa contorna.

Hoxe estamos aquí para agradecer a dúas persoas. Unha habita xa os eidos da nostalxia e seguro que nos mira sorrindo, pois esa era a súa presentación sempre: un lene sorriso sedutor. Bernardo García Cendán, fillo de Severino e Maruja, que vivían na Praza a carón do adro da igrexa. Anque estudou no Seminario de Mondoñedo –herdeiro dese impresionismo poético mindoniense que habitou o seminario- e na Universidade Católica de París e na Pontificia de Salamanca e tamén na de Socioloxía de París, ... a súa universidade verdadeira foi a barbaría/rebotica do pai, que era un convencido demócrata republicano e sabido, coñecedor do seu tempo.

Bernardo o amigo, crego, sociólogo, escritor, compañeiro do camiño, ...da mesma Matria Chairega (Vilalba, 41) que tan brevemente nos acolle (Estar aquí, agarrado á terra chairega e sentirme resucitar na lembranza de quen me ten amado, ou na tenrura e permanecer así no silencio, ata sentir a Deus).

Poderiamos falar da súa obra, case sempre compartida, en romaxes, en programas de radio, en charlas e conferencias, en felicitacións do nadal, nas Cartas ao Antón (cun programa de radio Popular de Vilalba que, en parte, publicou o IESCHA), en Irimia, Encrucillada, con publicacións do IESCHA, nos xurados literarios de Vilalba, na Asociación de Socioloxía Galega, en Lucensia, Tempos Novos, etc. Pero por riba da súa obra está a persoa, os afectos, os amigos –Chao Rego, Chema e AgustínFdez Paz, e tantos porque el, era amigo de todos).

Home de pensamento profundo e que tiña unha enorme información, propia de eruditos en moitas materias, xa non só desde diversos idiomas –proba, do que digo, son estes libros que deixa do seu legado e biblioteca persoal, para a Biblioteca de Xermolos, para a Irmandade Manuel María- pouso cultural que transcendenun aparte cheo de privilexios materiais e fundamentais para comprender que, ao final, todo se reduce ao que temos no arredor, que se grande é o universo máis grande aínda son as células que nos habitan, ...”Non me importaría, dígovos, cando me chegue a hora, ser coma ese carballo novo plantado na beira do muíño, engaiolado na permanencia da sinfonía das augas, ...e ser esa árbore asentada na esperanza para compartir honradez e utopía...”. Nese devalo das palabras, alentar a vida, e alí atopamos o riso, o humor, o noso humor –que tanto lle gustaba- temos rido moito de moitos chistes e sempre lembrarei o sorrir del no medio do seu rostro. E a palabra suave para dicirme: “...oe, a ver se contas cousa máis limpas. Hasme perverter e non estou en tempos!

Lémbroo nese camiñar lento –pois sempre chegaba, ...pero tarde- fomos xuntos moitas veces, atopamos a tenrura, a man amiga, os soños, ...gustaba da música e das cancións. Soñamos moitas veces con facer unha “misa galega cantada”, pero de verdade, nada de mexar auga bendita. Non, tratábase de contar a vida e a pobreza, as dificultades, saber das fames que todos temos, das miserias que nos envolven, das axudas que se nos escapan, das palabras de alento e desalento, dun mundo mellor e máis xusto que sempre é posible.

Bernardo tiña moitas ideas na cabeza, fervíanlle moitas poesías que serían canción. Eu púxenlle música aos seus versos e seguirei na teima de que, un día, se faga esa “misa galega cantada” e humana, sobre todo humana, para o común da xente, en especial para os máis marxinados da sociedade e do mundo enteiro, que son realmente os que –un día- reivindicaba aquel Deus dos pobres no que el tiña tanta fe. Irrepetible Bernardo, chegará, como non, a primavera que ti en todos nós sementaches!

Tamén está aquí, Anxo Lamas, nado no 43 e alumno do Seminario de Mondoñedo –polo tanto, tamén herdeiro dese impresionismo poético mindoniense que habitou a tantos escritores e referentes, desde Leiras Pulpeiro, Pastor Díaz, Noriega Varela, Trapero Pardo, Aquilino IglesiaAlvariño, Crecente Vega, Díaz Castro, Chao Ledo, Xosé Manuel Carballo, e outros que viviron aquela escola poética transcendental. Amigo e compañeiro de estudos no Instituto de Lugo, ...cando non presentiamos sequera a vida que viña aí, nin sequera os recendos que o tempo traía, nin sequera as cores que pintarían as enormes paisaxes diante daqueles ollosesculcantes.

Mirar para entender o que diante de nós pasaAnxo Lamas, perdido –para min- en moitos anos, atopouse a si mesmo mentres andou o mundo (primeiro Francia, Figueres, onde tordeou con Dalí e Gala, todo hai que dicilo,e percorreu outras paisaxes e modos, ata que cadramos xuntos de novo na presentación dun libro de Otero Canto, en Lugo, na Galería Sargadelos. Alí topei un descoñecido Anxo Lamas, con coleta e barba, ...regresaba o navegador das soidades para expresar de novo, a eterna certeza de atoparnos –precisamente en nós, no noso, no noso universo cheo daquelas pequenas cousas que -ao final- son enormes, porque son as que valen! Anxo proseguiu as ansias artísticas coas que xa nacera, buscou e buscou novos xeitos para expresar o que sempre tivera ansia de expresar.

Abondou na pintura e na escultura, tamén na palabra. E nese multiformismo estético e con toda aquela experiencia, co seu mundo de surrealismos e neotrobadorismos, coa súa técnica mindoniense e doutras escolas europeas, doutras atmosferas tamén do continente, regresou ao centro do mundo, a Bazar, á súa casa de sempre, á orixe, a Castro de Rei, á Terra Cha, ...que por certo é o centro do mundo, pois o resto é estranxeiro! Agora pinta ese mundo que sabe é o verdadeiro mundo. Talla e pinta sobre todo tipo de elementos, non só lenzos senón táboas, ventás, portas, raíces, cortizas. Traza corpos de persoas, plantas, paxaros, flores, bolboretas, paporrubios, ...e nese Franciscanismo poético tamén escribe un mundo enteiro que é o seu mundo, O noso Mundo.E é entón, cando xorden plataformas cívicas como son estas, hoxe aquí representadas, Irimia, o IESCHA, Xermolos, a Irmandade Manuel María, ... e moitas outras, todas elas aquí representadas e en pé de reivindicar ONoso, de borrar silencios que nos pesan na conciencia e na consciencia.

E entón facemos reconto de vontades para significar a aquelas persoas que tiveron a ben ensancharnos os horizontes coa súa existencia, agrandar o corazón desde a beleza, desde a ledicia de sabernos.

Por iso hoxe é un día grande, na feliz lembranza de Bernardo. Aquí quedan cousas del para recordo dun amigo de todos nós, con escritos, con obxectos que el estimaba, con libros que el leu e doou a esta biblioteca. Tamén está presente Anxo Lamas que agasallou á Irmandade Manuel María e a Xermolos coa colección de táboas que significan aos escritores chairegos. Case nada! Exposición que se fará itinerante para que coñezan por Galicia adiante. Grazas aos dous e ás súa familias, pola súa xenerosidade. Esa que hoxe nos convocou e que terá recompensa na memoria.

(Intervención de Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, na Casa das Palabras de Guitiriz, o 28 de xaneiro de 2017, en homenaxe a Bernardo García Cendán e Anxo Lamas Muinelo).
Iglesias, Baldomero
Iglesias, Baldomero


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES