Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Difícil... pero posible

jueves, 02 de febrero de 2017
Se fixeramos unha enquisa preguntando quen quere ser valente, seguro que practicamente todos desexaríamos ser valentes, moi valentes.

¡Canto máis valentes, mellor!

¿Certo?

Hai persoas que queren ser tan valentes que desexan destacar en todo.

Queren se-lo número un en todo: as máis guapas, as máis listas, os máis acaudaladas, as que teñen sempre a razón, as que pensan que como elas ningunha outra……

¿Consiste nesto a valentía?

Certamente que non.

A VALENTÍA É UNHA VIRTUDE DO SER HUMANO PARA LEVAR ADIANTE UNHA INICIATIVA LOITANDO CONTRA AS DIFICUTADES E TODO TIPO DE IMPEDIMENTOS.

Ó meu parecer, -sendo unha virtude- a valentía debe levar consigo moito autodominio.

-Non é máis guapa a persoa que quere ser máis guapa.

A BELEZA É ALGO SUPERIOR QUE EMANA DO INTERIOR DA PERSOA.

¡Cantas persoas de apariencia externa normal e corriente, gozan dunha beleza interior que enamora!

-Non é máis lista a persoa que quere destacar no medio das outras.
É MÁIS LISTA A QUE SABE ACEPTAR OS SEUS LÍMITES E AGRADECE QUE OUTRAS PERSOAS “MÁIS LISTAS” LLE ENSINEN ALGO QUE APRENDER.

É MÁIS LISTA A PERSOA QUE HUMILDEMENTE SABE XESTIONAR CON SABEDORÍA A SÚA PROPIA VIDA E A SÚA RELACIÓN COAS OUTRAS PERSOAS.

Tampouco me parece a persoa máis rica a máis acaudalada, senón A QUE SABE COMPARTIR COS OUTROS O POUCO OU O MOITO QUE TEÑA.

Nunha ocasión recibín unha maxistral lección dunha campesina estando eu de mestra nun pobo:

Era pola vendima e a boa da señora traía no mandil todos cantos acios lle cabían para regalarmos e díxome:

“TOME, QUE OS POBRES TEMOS QUE AMAÑARNOS CON POBRES”

Eu, era daquela moi noviña e aquela expresión resultoume algo chocante; pero gardeina no meu maxín e andando o tempo, estou completamente de acordo coa boa da campesiña.

A RIQUEZA DAQUELA BOA MULLER, ESTABA NO SEU CORAZÓN.
Era unha señora auténticamente rica e penso que cartos tiña os xustos ou algo menos.

E… ¿Qué dicir das que se arman de moita “valentía” –chamémoslle fachenda- e pensan que teñen sempre a razón?

Pois, sencillamente que están moi equivocadas.
Que son unhas auténticas cobardes e intentan disfraza-la súa cobardía con falsedade.

Valente, para min, é:
-AQUELA PERSOA QUE SE CONSIDERA NORMAL E SABE VALORAR ÓS OUTROS.

-AQUELA PERSOA QUE SABE VE-LO POSITIVO DO OUTRO AÍNDA QUE NON DESTAQUE A PRIMEIRA VISTA.

-AQUELA PERSOA QUE SABER SER ASERTIVA: SI, SI; NON NON.

-AQUELA PERSOA QUE SABE RENUNCIAR Á SÚA RAZÓN PARA EVITAR UNHA DISCUSIÓN.

PARA O MEU HUMILDE ENTENDER, A PERSOA MÁIS VALENTE É AQUELA QUE SABE VENCERSE A SI MESMA AÍNDA CANDO A RAZÓN NON LLE ASISTE.

Coñezo moitas persoas –que tendo moita valía- pasan prácticamente desapercibidas polo medio das outras, non fan nada especial por chama-la atención, son sencillas, de corazón puro.

-Prefiren escoltar antes que destacar.

-Están moi atentas ó grupo e ás necesidades dos outros.

-Respetan en gran medida o parecer dos que están ó seu carón.

-Valoran a cada persoa pola súa singularidade.

-Comprenden que cada persoa é un mundo.

-Están aí, xusto no momento que son necesarias.

-Voluntarias para axudar en todo no que está ó seu alcance.

Esas si que son persoas valentes.
Son persoas con moito autodominio.

Supoño que tiveron que superarse a si mesmas para ser así de valentes.

Seguramente lles resultará difícil conterse en certas ocasións, pero coa súa valentía fan que sexa posible o difícil.

Aí radica o mérito.

“AÍ RADICA O MÉRITO”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Grazas tamén polo que deixa contribuído á paz no seu entorno coa súa valentía e bo proceder.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES