Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Certame de micropoesía 'Vilariñas'

viernes, 03 de febrero de 2017
Certame de micropoesa 'Vilarias' A Asociación Sociocultural Lareira de soños e a NPG Nova Poesía Guitirica crean o Certame de micropoesía da Chaira «VILARIÑAS».

Co nome de VILARIÑAS na honra do poeta Díaz Castro e as súas "herbas pequerrechiñas" e Vilariñas para ter de referencia O Vilariño dos Cregos dos Vilares, pareceunos un nome acaído para as pequenas poesías que concurran ao premio, que busca fundamentalmente a promoción da poesía e facela accesible a calquera, polo que as bases serán moi abertas á participación, non supoñerán ningún gasto aos participantes e poderán inscribirse en formato dixital. A convocatoria para presentar os micro poemas será desde agora ao 31 de marzo (ambos incluídos) e a resolución nos primeiros días de abril.

A temática será libre e a periodicidade do certame anual.

Despois de diversas actividade da NPG, todas con notable éxito, abrimos agora esta nova proposta poetica coa que buscamos fundamentalmente a participación e a introducción social da poesía sen limites de idade, nin ningunha outra cortapisa, tan só estar escritas en galego en calquera das normativas e repetando as esixencias técnicas de un minimo de dous versos e un máximo de cinco, podendo cada poeta apresentar dous micropoemas.

Para este concurso, temos xa redixidas as bases que rexerán para a resolución final dos traballos que se presenten.

«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica e Asociación Sociocultural Lareira de soños.

BASES.
Convocase o I Concurso de micropoesías “Vilariñas" no que poden participar todos @s escritores/as que queiran.
A participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico
dosvilares@gmail.com ou do messenger do facebook de Os Vilares, lareira de soños-(www.facebook.com/osvilares).

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 5 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado.

Admitiranse obras até o día 31 de marzo de 2017, ás 23.59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase ao gañador co premio que consistirá en trofeo acreditativo, edición da súa obra no blog poético e un lote de libros de poesía de importantes autores galegos. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético publico cos premiados e poetas convidados.

O concurso poderá ser declarado deserto en función do número de micropoemas recibidos ou a calidade dos mesmos. Tamén o Xurado poderá facer mención especial de algún dos micropoemas participantes se considera que a súa calidade o merece, sen embargo, esta mención non conlevará compensación ou premio algún.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos ou dixitais que consideren incluindo o nome dos autores.

Os participantes aceptan as bases que rixen este concurso polo feito de participar no mesmo.

Cualquer dúbida sobre o contido destas bases será resolta polo xurado do certame.

A periodicidade do concurso "VILARIÑAS" de micropoemas será anual.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES