Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O saber estar nas redes sociais

miércoles, 01 de febrero de 2017
Se quero escribir este artigo dunha maneira coherente, teño que empezar entoando un mea culpa. Moitos empezamos nas redes de xeito inxenuo, pensando que aquelo era un grupo de amigos nun bar e que non tiña máis transcendencia. Entón, empezaron a circular memes de todo tipo aos que se lle daba a compartir sen ningún tipo de reflexión. Eu fíxeno unha boa tempada, ata que me decatei de que aquelo significaba, moitas veces, a posibilidade de ferir á persoa que protagonizaba o meme ou o comentario compartido así como aos seus seguidores ou seres queridos. Daquela, intentei borrar do meu perfil todo o que consideraba ofensivo, todo aquelo que hoxe non publicaría. Non sei se realmente o conseguín, o que si sei é que cambiei e reflexiono sobre cada cousa que decido compartir.

Non é miña intención xulgar nin por suposto dicirlle a ninguén o que ten que compartir pero si creo que deberíamos ser máis cordiais e comedidos con aquelo que opinamos. A realidade que vivimos impúlsanos ao cabreo case constante e moi xustificado pero vivimos un tempo no que cada palabra fai historia e iso pode influír no propio futuro persoal.

Por outra parte, creo que o que se din nas redes débese valorar na súa xusta medida e non facer dun determinado comentario un estigma que persiga á persoa de por vida. Xa dixen noutras ocasións que están accedendo persoas moi novas ás redes e que inevitablemente vanse equivocar e compartir contidos inadecuados dos que logo se arrepentirán. Isto é a vida, a evolución da aprendizaxe leva implícito o erro. Entón, non podemos magnificar a memoria infinda dunhas redes que fan sentencia da anécdota.

A solución é, como sempre, educativa pero, tamén, comprensiva con aqueles que cometeron o erro e trataron de poñerlle solución. Unha sociedade que non ve máis alá do erro, estigmatiza para sempre sobre a base dun determinado feito; entón, corre o perigo de xulgar severamente a uns e con lixeireza a outros. Isto é discriminatorio e afástanos dunha verdadeira democracia social.
Pensémolo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES