Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unanimidades e consensos

miércoles, 14 de marzo de 2007
O Concello de Vigo ven de ofrecer a peor imaxe que pode amosar un consistorio cando se trata de rendir honras a cidadáns ilutres polos servicios prestados.

Coincidindo coa festa tradicional da Reconquista, o concello vigués ven concedendo desde 1986 a Medalla da cidade, que teñen obtido personalidades como Paz Andrade, Fernández del Riego, Julio Fernández Gayoso, Luis Espada, Leri ou Laxeiro, e institucións como Citroen, o Celta, a Editorial Galaxia, Anfaco ou o Real Club Náutico.

Este ano non se concederá medalla, a pesar de haber tres posibles premiados con tódolos méritos, porque os catro grupos municipais non se puxeron de acordo.

A decisión ten que ser por unanimidade, e os políticos vigueses parece que aínda non descubriron que esas unanimidades poden conseguirse a través de consensos nos que derrotado un determinado candidato os seus proponentes adoptan o que apoia a maioría.

Mal síntoma é ese para Vigo. E para a democracia. Lanzar unha proposta sen consenso, empeñarse en mantela, e preferir que ninguén sexa homenaxeado non é bo para ninguén. Especialmente para a primeira cidade de Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES