Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Segue sen acabarse o mundo

lunes, 23 de enero de 2017
Nin desde hai uns meses, cando ganou as eleccións, nin desde hai uns días, cando nomearon por fin presidente a Donald Trump, se acabou o mundo. A ver se ó final todo vai quedar en auga de bacallau. Ó mellor é deses de "moito ruído e poucas noces". Oxalá. Porque ben certo é que Segue sen acabarse o mundoata eu mesmo desconfío un carallo dese paisano; non para que acabe o mundo, pero si para cometer algunha que outra falcatruada. A verdade é que ten á maioría do mundo en contra. Por algo será.

Tampouco se acaba o mundo para o Real Madrid, aínda que a semana pasada o Celtiña lle meteu o medo no cu, e precisamente na súa casa. Primeiro, o Sevilla déralle un sopramocos e o noso equipiño acabou arreándolle nesa parte onde as costas perden o seu honesto nome. Agora xa lle ganou ó Malaga e xa veredes como o río volve ó seu leito. Aínda que a min amólame ben que empecen a falar de tantos lesionados. Que un equipo dos grandes achaque os resultados ós mancados, malo! Pobres modestiños!, que terán que alegar eles ante presupostos que non alcanzan nin o soldo de dous oun tres xogadores dos grandes? Por certo, os modestos tamén teñen xogadores tocados. Pero deses non se fala.

É certo que tampouco se acabaría o mundo se os turistas tiveran que pagar por pasar a noite en Santiago. Pero creo que esa medida, se se toma, está mal tomada. É máis, deberiamos de facilitarlle ó achegamento ás nosas cidades á xente de fóra, ós turistas. Unha cousa é cobrar nun lugar no que existe masificación e non queremos que se escaralle e outro moi distinta é poñerlle atrancos ós viaxeiros. Acaso non gastamos centos de miles de euros en publicidade para atraer á xente ós nosos lugares? Pois entón!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES