Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Premio Trapeira de Honra 2017

jueves, 12 de enero de 2017
O 27 de Xaneiro Guitiriz e Os Vilares serán un concello e unha parroquia de mulleres.
María Xosé Silvar SES, Tereixa Novo (Fuxan os Ventos), Sandra Tenreiro (cantautora) e Arantxa Álvarez (Satélites), participarán no acto da entrega do Premio Trapeira de Honra 2017 á centenaria Asunción Lobeiras Díaz "Asunción dos Ares". No acto participarán tamén mulleres poetas da NPG Nova Poesía Guitirica que estará presentado por Pastora Veres, impulsora so proxecto Os Vilares, lareira de soños.

O premio a Asunción dos Ares será tamén un recoñecemento ás mulleres anónimas que teñen sido avoas, nais, traballadoras, viuvas de vivos e de mortos e que padeceron a guerra, a posguerra, a fame,a emigración, as enfermidades, e que simenciosamente foron o sustento de varias xeracións.
Premio Trapeira de Honra 2017
Quixemos, por eso, convertir o acto de entrega na honra a eses miles de mulleres tan ben representadas por Asunción e coa presenza de destacadas mulleres comprometidas coa sociedade artistas de fama e admiradas que serán as que o dia 27 rendirán esa merecida homenaxe a Asunción.
Ses, Tereixa, Sandra e Arantxa aceptaron encantadas a invitación, polo que lles estamos moi agradecidas.

Será sen dubida un acto que quedará para a lembranza da parroquia dos Vilares e do concello de Guitiriz, como exemplo de agradecemento a esta grandes descoñecidas polo seu incesante traballo silencioso.

Asunción Lobeiras Díaz, coñecida como Asunción dos Ares, que cumprirá en xuño 101 anos. Asunción dos Ares, que quedou viuva moi nova con tres fillos de 2, 4 e seis anos respectivamente, foi trapeira, segadora, agricultora...

Foi designada por unanimidade pola directiva da Asociación Sociocultural Lareira de soños xa que representa a esa xeneración ainda viva testemuña da historia recente da parroquia e do rural chairego. Asunción simboliza tamén ás mulleres traballadoras, emprendedoras, sustento das casas e familias.

Asunción, con un século de vida, mantén unha boa saude e humor ademáis de boa memoria.

Será a primeira muller premiada despois de terlle adicado no 2014 a Díaz Castro, no 2015 á Romaría Labrega da Chaira e no 2016 ao músico Pepe de Cristos.

O 2017 será o ano de Asunción dos Ares e tódalas mulleres, nais e avoas que loitaron en tempos duros criando fillos, traballando e educando e que son as verdadeiras artifices do que hoxe somos.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES