Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Saúde e sentidiño

jueves, 05 de enero de 2017
Nestas datas, recibimos todo tipo de bendicións da familia e das amistades para desexármonos unhas Felices Festas Nadalencas e un Próspero Ano 2017.
Eso é o que desexamos para todos, pero eu quixera engadir dous ingredientes imprescindibles á hora de ter prosperidade e ser feliz.
Un factor moi importante é A SAÚDE.

Cando falamos de saúde, referímonos especialmente á saúde física, é dicir á saúde corporal.
Non cabe dúbida que cando nos doe algo, aínda que sexa pouca cousa, xa se altera o noso equilibrio e non estamos ó cen por cen.

Peró aínda hai algo máis importante ó meu parecer:
A SAÚDE MENTAL E ESPIRITUAL.
¿A vostede, que lle parece?

A min paréceme que lle dedicamos pouco tempo á nosa saúde mental, contaminámola con vanalidades que pouco ou nada nos enriquecen:
-Conversacións culturalmente pobres.
-Chismes, murmuracións que moitas veces o que fan e envelenar o sangue das persoas.
-Películas que de educativas teñen pouco ou nada.
-Lecturas que en vez de formar, deforman a realidade.
-Programas de televisión que atraen a unhas persoas e repugnan a outras moitas. Etc, etc.

Cando levamos o noso coche a pasa-la ITV, miran que non contamine o medio ambiente, o aire que respiramos.
Paréceme moi necesario e importante.
Pero…
¿REVISÁMO-LA ITP (INSPECCIÓN TÉCNICA PERSOAL) DA NOSA SAÚDE MENTAL DE VEZ EN CANDO?
Moito me temo que máis de un a teñamos algo atrasada.
¿Ou non?

AS ESTADÍSTICAS DIN QUE LEMOS POUCO, E DO QUE LEMOS SEGURAMENTE NON TODO É EDUCATIVO NIN FORMATIVO.
¿¿¿………………………………………………………….???

Á ESCOLA TAMPOUCO IMOS TANTO COMO DEBERAMOS.
Deberíamos estar en constante formación sobre os diferentes aspectos da vida cotíá para evolucionar razoablemente cos tempos que corren.
E moitas veces non o facemos alegando que non temos tempo.
O que pasa é que temos outras prioridades.
É máis cuestión de prioridades que de tempo.

ALGUNHAS PERSOAS XA ABANDOAN A ESCOLARIDADE OBRIGATORIA ou non conseguen o Graduado Escolar.
Despois deféndense ben na vida cun traballo manual; pero ¡que menos que saber o básico!
Andado o tempo…
Xa non é a primeira vez que os fillos encontran o material ecolar dos seus proxeniores no faiado e entéranse de todo.
¿Con que autoridade lles poden mandar ós seus descendentes que aproveiten os estudios?

OUTRAS PERSOAS NON VOLVEN A COLLER UN LIBRO DESDE QUE SAIRON DA ESCOLA PRIMARIA.
A maoría dos coñecementos que adquiriron xa quedaron no baúl dos recordos e..
¡Váiche boa! –como dirá alguén.

Por outra banda están AQUELAS PERSOAS QUE MERECEN MOITO RECOÑECEMENTO PORQUE APROVEITARON TODO O QUE PUIDERON A ETAPA ESCOLAR E AÍNDA SEGUEN FORMÁNDOSE.
Este tipo de persoas tamén existe.
Formáronse todo o que puideron na súa infancia; pero seguen apredendo cos seus fillos e van superámdose cada día a nivel persoal, familiar e social.
Merecen o recoñecemento de todos e teñen moito mérito.

TAMÉN ESTÁN AS PERSOAS QUE CURSARON ESTUDIOS SUPERIORES e seguen ó pé do cañón reciclándose por razóns profesionmais e más para subir a súa autoestima.
Deste xeito melloran a súa eficacia profesional e o seu labor redunda en benestar social.

E por último, ESTÁN AQUELAS PERSOAS QUE NON PUIDERON CURSAR UNHA CARREIRA NA SÚA XUVENTUDE, PERO QUEREN SUPERA-LO RETO DE TER UN TÍTULO UNIVERSITARIO DESPOIS DE XUBILÁRENSE.
Este tipo de persoas son unha excepción, pero aínda quedan algunhas.
Teñén moitísimo mérito.

¿EN QUE SE DIFERENCIAN AS QUEREN APRENDER TODA A VIDA DAS QUE SE NEGAN A FACELO?
Penso que se diferencian en moitos aspectos da súa vida persoal e social, pero algo común a todas elas é que UNHAS ACTUARON CON MÁIS “SENTIDIÑO” QUE OUTRAS.
E canto máis sentidiño usaron, máis maduraron e máis alta teñen a súa autoestima e tamén o sentido do humor.
Todo vai a seu favor.

Por eso penso que é boa ocasión ó comenzar un ano novo dar un repaso á “nosa ITP ( inspección técnica persoal)l”, para ver se estamos en condicións de pasala ou se recesitamos unha pequena reparación.

Da SAÚDE ESPIRITUAL, habería moito que falar, pero cadaquén é libre de facer coa súa o que considere máis oportuno.

“CADAQUÉN É LIBRE”
¿CADAQUÉN É LIBRE?
Este será o título do seguinte artigo.
Por hoxe, agradecerlle que tivera a ben cultivarse tanto como se deixa cultivado na súa vida porque fíxoo moi ben para vostede, para a súa familia e para a sociedade.
Unha riqueza para todos.
Grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES