Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 04 de enero de 2017
E co frío que facía!

Pingas de OrballoSeverino Albornoz Suárez cando viu que ás tres e pico da tarde empezaba a asomar o sol pola vila, díxolle a súa dona de saír a dar un paseo ata a ponte das Cepas e así saudaban tamén a Clodomiro Bata Carqueixa, ó que facía moito tempo que non vían. Levaban todo o día baixo unha néboa tan espesa que os obrigaba a estar na casa, ela vendo a televisión e eu lendo. Non obstante, cando saíron á rúa, axiña se decataron de que, a pesar do sol, a tarde non estaba para moitos paseos; o airiño que corría era frío de carallo. Cando pasaron por xunto á estación do ferrocarril xa estaban medio arrepentidos de saír do calorciño da casa. Pero continuaron. E cando chegaron á casa de Clodomiro, chamaron e ninguén contestou. Severino mirou para a súa dona, esta mirou para Severino e, os dous, ó unísono, soltaron aquilo de: un paseo en balde. E co frío que facía!

Detrás dos extraterrestres

Quero correr detrás dos extraterrestres, é máis, quero matar a algúns, a moitos extraterrestres. Pero para elo teño que facerme astronauta. Non sei como facerme astronauta! No sei nada da física cuántica nin da química orgánica ou analítica; que máis dá. Non sei nada da propulsión dun asubío nin da inercia flotando por enriba dun amieiro. Pero baixo o influxo do jazz de Thelonious Monk son capaz de aboiar por entre nubes de algodón para atoparme, cara a cara, con E.T. Pobriño, este é tan riquiño, que tan só lle direi ola e deixareino ir para a súa casa. Pingas de OrballoO peor é cando remate a música de Thelonious Monk… lembrade que non son astronauta. Paso a fochicar nas páxinas da Internet para buscar cursos de cómo facerse astronauta. Seguide lembrando que quero correr detrás dos extraterrestres. Ou mellor dito, quero matar algúns ou moitos extraterrestres. É que son feos de carallo!

Un contra doce

Doce mortos son máis que un morto. Entendo que a moitos lles impresionaran as vítimas do presunto atentado de Berlín. Pero a min impresionoume moito máis a morte de Uriarte, aquel xogador mítico do Athletic de Bilbao dos anos 60 e principios dos 70. Xa sei que hoxe en día ninguén coñece a Uriarte, pero a min quedarame sempre na memoria porque así tamén se chamaba o mellor can que tiven. Alá o meu amigo Moreno se encargou de bautizalo. El, que é un fanático do Real Madrid. Vai ti saber por que se lle veu aquel nome á cabeza. Pero grazas ó can fun un pouco tamén seguidor de Fidel Uriarte Macho, dianteiro, máximo goleador na temporada 67-68 e nove veces internacional. Morreu o pasado luns 19 á idade de 71 anos. Descanse en paz. E grazas por lle emprestar o nome ó can polo que, tamén cando morreu, chorei como para encher a lagoa de Almoite.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES