Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Gerifaltes de antaño', Sra. Cifuentes

jueves, 29 de diciembre de 2016
Comezo este artigo co título dunha obra do egrexio e preclaro Valle-Inclán, grande entre os grandes, e obra que pertence á triloxía das Guerras Carlistas porque vén moi acaída para a Sra. Cifuentes cando di que os madrileños pagan a sanidade e as pensións dos andaluces, extremeños e galegos, entre outros, por non dicir de todos os españois provinciáns.

A controversia nace do noso ínclito rei Felipe II, cando Toledo era a nosa capital, e como este suxeito estaba farto dos árabes, xudeos, mudéxares e demais alxamía, e como o racismo o levaba tan dentro, chegáronlle a ser insoportabeis porque a súa teima relixiosa non llo permitía e por iso decide cambiar a capitalidade das Hespañas a Madrid (nome por certo árabe). Bendito! Bendito!

E xa se sabe, tras do rei vai o diñeiro nas mans dos cortesáns e sobre todo do servizo e os gremios e as protoempresas que están (orredor) destes gastadores do erario público coa súa gola e os seus puños de man branca que se manchaban gastando o que non era seu, e tras deles: xastres, cacharreiros, zapateiros, perruqueiros, alfaieiros, conductores, escribentes, notarios, rexistradores, abogados e outros especímes máis, que é o mesmo que dicir que é un entramado como a rede dun galiñeiro que non deixa saír as galiñas, que somos nós, os da periferia, poñéndonos unha tea para que non vexamos que é o que a Sra. Cifuentes intenta vender.

Sra Cifuentes, non diga barbaridades, que pensar é moi san e despois de pensalo dinos que “foi desafortunado” o que dixo, que “as pensións páganas os andaluces pero que os madrileños son moi solidarios” que é o mesmo que ratificarse no dito, que non rectificarse, e vólveselle a ver outra vez o plumeiro. Sra. Cifuentes, os plumeiros, son de plumas, para o seu coñecemento e serven para sacar o po e a poalla e entre tanto cisco como levanta, Vostede quere taparnos os ollos mallando na desgranadora política e na peneira da limpadora do trigo para que non vexamos os grans que é o diñeiro que o pobo manda para a súa comunidade e que non volve desde Felipe II.

Fíxese ben Sra. Cifuentes, cando o “Ministerio de Tráfico” nos manda unha comunicación ou carta desde o seu querido Madrid, hai que mercarlle aos madrileños un sobre, poñerlle o escudo, unha carta con outro escudo, unha persoa que pense o que lle hai que poñer á carta, outra que mecanografe, outra que poña o selo, outra que a mande, amén da imprenta e de toda a parafernalia necesaria. Para estas cousas tan simples, por se non se dá conta hai máquinas que levan a cabo as tarefas e tales máquinas son habitantes de Madrid que pagamos os da periferia, porque as cartiñas son para nós, e pagámolas nós, e delas viven Vostedes.

Mire, Sra. Cifuentes, segue sen ter razón, os madrileños non son nada solidarios, foron dos primeiros que non pagaron os impostos de sucesións nin de sociedades, entre outros, e posto a pensar, direille que a culpa de todo isto élle da Corte de hoxe e dos “Gerifaltes de antaño”, que é a corte política, mentres aquí o que lle temos son as outras cortes, as estradas cheas de curvas e sen luz non como nas emes trintas e nas emes corentas que rebentan da luz levada desde Galiza para o efecto e outras moitísimas grazas que a serenísima maxestade levou consigo cando cambiou a capital.

Serenísima mandataria do Sacro Imperio madrileño. Pense.
O seu afectísimo.


Xosé Otero Canto.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES