Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A necesidade agudiza o inxenio

jueves, 29 de diciembre de 2016
Esta expresión oína sendo moi nena e andando o tempo podo dar testemuño de que é ben verdade.
Moitas veces son as que nos vemos nunha situación apurada, e ben apurada.
Alguhas temos ocasión de pedir axuda.
Neste caso: ¡estupendo!
Cando alguén chega para axudarnos no momento oportuno, recibimos unha alegría, dámolas grazas e dicimos:
¡Para eso están os amigos!
¡Para eso están os pais!
¡Para eso están os fillos!
Para eso estás ti aí.

Pero hai ocasións nas que non temos esas oportunidades.
¿Que facer daquela?
¿Cruzarse de brazos?
¿Abandoar..?
Nin unha cousa nin outra.

O mellor que podemos facer é buscar tódolos recursos habidos e por haber para saír adiante.
Dentro de nós hai moitos recursos ocultos que non sabemos que os temos ata que nos vemos en apuros e buscamos intensamente no noso interior.
Buscamos e buscamos; insistimos e insistimos e se conseguimos o noso obxectivo; celebrámolo, subimos a nosa autoestima e sentímonos ben.

A min pásame moitas veces.
¿A vostede non?
Supoño que haberá días para todo.

-Un bebé celebra o seu progreso cando un bó día –despois de intentalo moitas veces- bota a andar.
¡Un gran descubrimento!
Unha gran alegría para el e outra para a familia.

-Un escolino de curta idade ten dificultades para empezar a ler; pero como ve que os compañeiros xa aprenderon; esfórzase e consígueo agudizando o seu inxenio e coa axuda doutra persoa.

-Aprende-las operacións aritméticas ten o seu aquel.
Por moi ben que che ensinen, pode que tardes en comprende-la explicación; pero cando che pica o amor propio, insistes ata conseguilo.

-Aprende-lo código de circulación e o manexo dun veículo, tamén presenta a súa dificultade; pero como hoxe en día ter un coche é prácticamente necesario para todos; as persoas interesadas esfórzanse canto poden, poñen todo o seu empeño e..¡consígueno!.

-Cando unha persoa ten verdadeiro interese por cursar estudios, -aínda que careza de medios económicos- fai o que sexa por conseguilo.
Busca axudas onde as haxa.
Prívase do que se teña que privar.
¡Cantas persoas chegaron moi alto desta maneira!

-Estamos traballando co ordenador e – sen saber como-quedamos atrancados; pero como necesitamos facer determinada cousa pedimos axuda a Google ou a quen sexa para saír da estacada.

-Unha ama de casa con poucos recursos : remexe e remexe pola casa e sempre encontra algunha maneira de poñer un prato de comida na mesa á súa familia.
Se ten cartos vai comprar; pero se non, tamén se amaña.

-Temos unha voda e non dispoñemos e cartos para comprar un traxe algo bo; buscamos algo máis económico e tamén imos ben para a ocasión. Os que nos aprecian xa saben a nosa situación. Moito máis importante é a nosa persoa e a nosa presenza; que o traxe.

-Non alncanzamos para chegar a unha estantería elevada; tampouco temos unha escaleira ó noso alcance; pero queremos alcanzar algo que nos fai falta:
Podemos utilizar unha prolongación ou buscar outra alternativa.
Facemos como podemos, pero amañámonos.
A veces ata nos amañamos coa necesidade.
A necesidade é unha boa axuda en moitas ocasións.

Hai quen di que a necesidade é o remedio dos pobres e pode que sexa certo.
Pero non está demostrado que os ricos sexan más felices nin que duren máis anos que os pobres.
Hai persoas que son felices con pouco e outras que nunca ven satisfeitos os seus desexos.
A avaricia é un saco sen fondo.

Cando saia publicado este artigo en Galicia Dixital, estaremos a piques de rematar o ano 2016.
Será o momento de facer balance da nosa vida e seguramente nos sentiremos satisfeitos dos nosos logros, tanto se foron moitos como se foron pocos, porque a necesidade agudizounos o inxenio en moitas ocasións e fixemos o que puidemos da mellor maneira que puidemos.
Só cada persoa sabe o esforzo que lle costan as cousas.
Cada pobre amaña a súa vida como pode.
Agora toca prepararse para comezar ben 2017 e pedir saúde e sentidiño para disfrutalo.

SAÚDE E SENTIDIÑO
Este será o título do seguinte artigo.
Para rematar este ano 2016, quero agradecer moi sinceramente a cantas persoas tiveron a ben ler algunas, moitas ou todas as miñas reflexións semanais a través das redes sociais.
Moitísimas grazas.
Tamén confío que 2017 sexa un ano enriquecedor para elas e tamén para min. E, coa axuda de Deus, así será.
E se lle parece ben, seguimos en contacto o ano que vén.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES