Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A diferenza das conciencias

lunes, 26 de diciembre de 2016
A diferenza das conciencias Que este recuncho saia hoxe nestas páxinas, só significa unha cousa: que non me tocou a lotería. É que se me chega a tocar, este molgués estaba hoxe en Australia! Non tocando, hai que seguir traballando. Para poder subsistir. Porque, non tocando a lotería, un non se fai rico nin a tiros. Aquí só se fai un rico a base de ladroízo. Mais, é igual, ser pobre tampouco é unha deshonra. Amola moito, pero… imos tirando.

Moitas veces digo que uns mortos non son iguais ca outros. Sigo nas mesmas. 60 mortos en Siberia intoxicados por beber loción de baño. 30 mortos en México pola explosión dunha pirotecnia. Só lin esas noticias o día que saíron. Non volvín saber delas. Mentres que 12 mortos en Berlín dan para toda unha semana e máis. Repito: hai mortos e mortos.

Pero, amigo molgués, xa podes predicar unha e outra vez sobre o ladroízo e sobre a diferenza das conciencias, que é como aquilo do sermón do cura: por un oído entra e polo outro sae. Ou como predicar no deserto. Normal, no deserto adoitan vivir os da raza musulmá, que seica son outra xente, outras persoas. Así é que, a seguir tocan, é dicir, a predicar no deserto sobre a diferenza das conciencias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES