Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

19 destacad@s Vilareg@s de 2016

jueves, 15 de diciembre de 2016
A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.

Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario...todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.

As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes

1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, dos Ares, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:

2. Entre os monumentos, A MAMOA DAS CARRICEIRAS descuberta por Luís de Fabete no presente ano.

3. Nas Reixas, “como reclamo para a súa reparación e posta en valor" a Escola Habanera da Conchada" para uso social e cultural parroquial.

4. Entre os nomes destacados atópase a xornalista da TVG Maite Teijido como "valedora dos Vilares a nivel social" e que leu o pregón deste ano na Romaría Labrega da Chaira.

5. Recoñecemos tamén a Nicolás de Camuza, vilarego residente na Arxentina que con mais de 80 anos preside aínda unha sociedade naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e memoria.

6. Igualmente no eido cultural consideramos que a “mellor organización dun evento” foi desenvolta pola NPG nas homenaxes a Diaz Castro e Manuel María ademáis dos Poemas pendurados das farolas.

7. No apartado do coñecemento, destaca Raúl Río, navalla de Manuel María deste ano coñecedor e valedor do territorio e historia dos Vilares.

8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega este ano recoñecemos a Antonio Castro, quen introduciu a luz electrica nos Vilares.

9. O recoñecemento á “mellor iniciativa cultural” recae na restauración dos frescos da Igrexa dos Vilares pola Deputación Provincial de Lugo, tal e como anunciou á nosa asociación.

10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, o da mexicana Shaday Larios no blog LA MÁQUINA DE LA SOLEDAD, sobre a iniciativa de "cartas aos nosos maiores".

11. No eido do deporte destacamos a Antonio Teijido, gañador e record abasoluto das "24 horas de Vigo" e neto de vilaregos.

12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural.

13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade, distinguimos este ano á Cea das Mulleres dos Vilares por levar varios anos contribuindo á xuntanza de ducias de mulleres vilaregas e nun encontro anual exemplar.

14. Mellor acción musical, o Romance de Pedro Trapeiro de Marica Campo. musicado por Fuxan Os Ventos para o documental dos Vilares e o seu próximo disco.

15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e reapertura da Casa Guinea nas Reixas.

16. Mozo ou moza destacados Alex Iglesias pola sua medalla no campionato galego de boxing.

17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, Segundo Pérez, deán da catedral de Compostela.

18. Mellor publicación, o libro Poemas MÁSCARAS DE ESPELLOS, galador do I premio Diaz Castro de poesía de Raúl Gómez Pato.

19. E mención especial ao documental ENTRAR AOS VILARES e aos seus realizadores pola contribución ao coñecemento da parroquia polos distintos lugares e foros relacionados co audiovisual. Cibrán Tenreiro, Toni González e Xacobe González, os seus responsables que nos agasallaron co seu traballo.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES