Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Bolsa e a Vida

lunes, 26 de febrero de 2007
Agardábase que a bolsa española medrase un dez por cento no decurso do ano 2007, e a mediados de febreiro xa leva subido un 5,5%. Estes días con máis lentitude, pero en total a paso de carga.

Parece como se a bolsa estivese empeñada en levarlle a contraria á realidade. Aumentan as dificultades, soben os intereses e as hipotecas, e a bolsa dispárase.

Cómodo xeito de investir aínda que arriscado, a bolsa –que causou fondos pesares ós investidores a comezos deste século- recuperou o perdido e sobe imparable nos últimos tempos como para demostrar que os seus altibaixos non teñen que ver coa marcha da economía nin coa racionalidade, e entre Opas e veras, pode manter vivo un mundo diferente do real onde se xoga coa maior alegría cos investimentos de pobres e ricos.

A bolsa é un lugar restrinxido, ó que non deben entrar os curiosos, si os arriscados onde o éxito depende da rapidez, da vista, das previsións, da análise.

A Bolsa ou a vida, eran as opcións dos vellos asaltantes de camiños de hai máis dun século. A Bolsa ou a vida, son hoxe dúas opcións para os investidores: A Bolsa, para a rapidez, o risco, a non responsabilidade de administrar...A vida, para a finanzamento das ideas, o traballo diario, o investimento, o apoio ás iniciativas interesantes.

É a diferenza entre a aventura e o traballo, entre a lixeireza e a responsabilidade, entre o xogo e o futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES