Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comeza a xira do documental dos Vilares

viernes, 09 de diciembre de 2016
Comeza a xira do documental dos Vilares 'Entrar aos vilares', o documental estreado o pasado12 de novembro convertindo a igrexa parroquial nun cinema, comenzou xa a cumprir coas numerosas solicitudes de proxección que nos foron chegando. A primeira o pasado 2 de decembro na Coruña, e todas con un notable éxito de asistencia. Fixadas xa as datas do dia 3 de xaneiro no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba e organizada polo Instituro de Estudos Chairegos IESCHA e nese mesmo mes de xaneiro sera proxectado en Biblos de Betanzos.

Para o 3 de Febreiro, a Asociación Cultural Cultura do País ten prevista a proxección dentro das xornadas de documentais de contido social que organizan na súa segunda edición. Asimesmo, temos propostas ainda sen data do IES Díaz Castro de Guitiriz, unha parroquia de Lalín e varias parroquias da Terra Chá, reportaxes de televisión e xornalisticos. Presentado tamén a varios certames e festivais para o vindeiro 2017, o documental ENTRAR AOS VILARES, está a cumprir xa oobxectivo para o que foi creado e que complementará co libro de Pastora Veres e outras inicitivas do proxecto multidisciplinar OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS, a valorizacion do rural, as súas riquezas e potencialidades.

Empezou, pois, a xira audiovisual da parroquia natal do poeta Díaz Castro polo país adiante da man do documental dirixido por Cibrán Tenreiro...
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES