Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Casas de turismo rural

miércoles, 21 de febrero de 2007
Se nos xuntamos a xantar nunha casa de turismo rural un sábado e estamos sós, a casa é magnífica e a comida xeitosa, quere dicir que só os domingos hai apuros nese comedor, e eso non é abondo para que o establecemento perviva.

A alegría coa que se montaron moitas destas casas non coincide coa posterior afluencia de clientes, sexa polo lugar onde se atopan, pola falla de publicidade, pola non adecuación da comida – as novas cociñas, para experimentos urbanos- en fín, porque unha oferta tan desmesurada require campañas moi fortes que fagan que os galegos converxamos na mesma dirección: No turismo rural que non deixa de medrar.

Se convertemos en establecemento de turismo rural toda casa noble, mosteiro abandoado ou pazo da xeografía galega, nin todos os turistas que visitan España poderían facer rendible tan imposible misión.

Do que se trata é de analisar moi ben todo o que se pretenda facer, revisar todo o que hai, facer en cada caso que o precise un plan de acción e funcionamento, especializar cada instalación en productos da comarca, e unha intensa campaña de achegamento dos galegos ó turismo rural do noso País. E eliminar das guías e dos censos os que non funcionan porque non queren. Que hai de todo.

O Turimo rural en Galicia ten un fabuloso potencial e un magnífico presente. Pero hai que replantealo, controlalo e impulsalo para que actúe de motor do turismo en xeral como no seu momento e aínda agora fan os Paradores nacionais. O turismo rural é unha mina, se sabemos coidala.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES