Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O outro vertido

viernes, 29 de noviembre de 2002
Nestes días de ira, ninguén pode ter razón xa na polémica dos vertidos porque o seu máis grande e desencadenante problema nin é este nin é de agora.
A cuestión máis preocupante non é o da caótica xestión de todo esto senón esa estraña e persistente permisividade do poder coas rutas petroleiras. Ante tanta torpidade, a máis importante pregunta que un se pode facer neste caso é: pero ¿a qué se dedican os políticos?, ¿qué fan?, ¿ qué crase de birollez padecen que xa non ven?. Este é o verdadeiro gran vertido que nos trouxo o mar: a aterradora noticia da inutilidade dos políticos -de tódolos políticos-; e de que outros moitos Mar de Grecia, Erikas e Prestiges pasados e futuros, pero sobre todo sociais, éticos, bélicos, medio-ambientais, legais etc. apréstanse xa impunemente diante de nós para emporcarnos definitivamente.
O feito é que, dende hai anos -e moitos máis que van ser-, a varios gobernos non se lles ocurriu atender prioritariamente, nin moito menos pensar, na dramática inseguridade das nosas costas, nin en desviar sobre a marcha os petroleiros exterminadores, cando, polo menos etimoloxicamente, esto resultou ser moito máis antidemocrático que ocupalos.

Pero ninguén plantea agora claramente esta básica cuestión. Polo contrario, sendo tódolos gobernos responsables, a tamén estrábica oposición inda quere fodernos máis coa súa santa indignación electoralista. Porque o problema fundamental, a súa previa erradicación, era tamén un problema deles; incluso un destacado problema de oposición, precisamente. Baixo esta perspectiva, a súa hipócrita ira política ven agora a agravar inda máis a impresión de inutilidade e de cinismo xeneralizados que o pobo está recibindo por todas partes.
Claramente desautorizados uns e outros por esta omisión -aparte de pola súa impericia técnica, política i ética-, eles semellan coidar nembargantes que vailles ben esta bronca actualizada –esta especie de nube de fume, de tácita reyerta de putas onde xa nada se oi-. Pero, pese a elo, inda hai unha especie de clara flagrancia culpable na cara plana de moitos políticos mentireiros, no seu desparpajo televisivo, nas súas torpes contradiccións, nos seus deseños de “imaxe”, na súa parva ironía; verdadeiro libro aberto este onde todo o mundo lee menos eles.

Deica certo punto, todo esto é natural. A maior parte dos políticos non son homes de Estado. Ávidos, interinos, ó borde do pasado i embebidos na sospeitosa actividade de aburrirnos a todos coas súas mutuas desfeitas-, non dispoñen de moito tempo e teñen que empregalo en rifar e gañar eleccións, ¿gañar?, ¿gañar qué? e ¿para qué? -comprometedor lapsus ou asociación de ideas esta debaixo da que rebule gran parte do noso gusaneo delictuoso-. O poder así codiciado, conquistado é retido conta cando menos con tódalas miñas reservas.

De todo esto dedúcense unha serie de conclusións desertizantes: tódolos partidos están resultando ser bastante mangantes; o único momento en que o pobo medio “goberna” -e mal- é o das eleccións; a verba democracia -coma a de liberdade, Estado de Dereito, esquerda, dereita, etc.- é un opiáceo do poder dirixido contra nos; a nosa “incompetencia” autonómica semella quedar agora fora de toda dúbida.

A política actual é inviable: non vai ser posible soster durante moito tempo nela tanta ñoñería progresista, nin tanta mentira léxica, nin tan pouco rigor ideolóxico, nin tan desacertada mecánica electiva, nin tan apetecibles canonxías, nin tan colexiada opacidade, nin tan sistemática oposición, nin tanto poder.
Este é o verdadeiro chapapote que estamos recibindo: a evidencia dun inconmensurable e incerto perigo institucional.

De novo teremos que glosar aquí unha frase de Golsar: “máis aló do senso da terra” non só “pódese perder a terra mesma” senón tamén o propio home.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información