Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un minuto de silencio para Labordeta

lunes, 28 de noviembre de 2016
Labordeta, amigo, pido un minuto de silencio, tamén para ti, porque ti es grande: profesor, compositor, loitador, escritor, cantautor; que non roubador do erario público.

Os minutos de silencio abren o pensamento ao silencio do noso pensamento para que filmemos as palabras coas imaxes idas das persoas que desapareceron, de tal meneira que se o morto tivo unha vida azarosa e nada acaída á realidade, o seu recordo faise multiplicando as imaxes negativas, e pola contra, se traballaches polos demais, se a túa vida foi proa e temoneiro adornada polo cairel que nos levou polo mar atormentado, defendendo as nosas desgrazas e as nosas carencias nese salón que ten feitura de teatro e que lle chaman Congreso, ese fuches ti, benquerido Labordeta.

Home do pobo, que vestías coma nós, e que “carajo”, falabas coma nós, aínda que os amantes da garabata te ningunearan como malvados hipócritas que visten santos e desvisten ás persoas de ben.

Amigo Labordeta, ti tamén “benmereces” un minuto de silencio, negado polos que agora rexeitan minutos dedicados aos seus, mais que botaron fóra do partido porque non os querían e incluso se apartaban como se a interfecta fose un bechoco cheirento da campía arrecendente a salvaxismo brutal e fedese como os xabaríns aos que lle fixeron unha “cacería” ou un “linchamento” en boca trasgolada do Sr. Rafael Hernando.

Cando miraba aos escanos e vía a Labordeta, abríaseme a alma e pensaba que entre todos os representantes, polo menos habia un que era coma nós, e non podía máis que recordalo na Caesar Augusta da década dos setenta, cando todos o coñecíamos e as súas cancións retumbaban nos nosos oídos sedentos de liberdade . . .

“habrá un día en que todos
al levantar la vista
veremos una tierra
que ponga libertad”

Deus te garde, amigo das corredoiras, das nubes e do vento, pois sen dúbida es un dos que mereces ese minuto de silencio, aínda que por ser ti e por pensar diferente, que non por roubar, cho rexeitaron.

Para todos vós, nas vosas casas, por favor, un minuto de silencio para Labordeta.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES