Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Galicia contamina máis

domingo, 18 de febrero de 2007
A industria leva a culpa da maior parte da contaminación, polo que cabería pensar que os paises máis industrializados son os máis contaminantes.

E sen embargo, a Unión Europea lanza á atmosfera 10,9 toneladas de gases contaminantes por habitante e ano, España 10 toneladas e Galicia 13,4. En contaminación por gases que provocan o “efecto invernadoiro” estamos á cabeza de Europa.

A maior parte (59%) procede do sector de producción e transformación de enerxía. Logo ven o transporte, cun 23%. Queda un modesto 9% para as actividades relacionadas coa agricultura e a gandeiría.

Postos a corrixir, algo se pode lograr no sector do transporte, pero pouco porque aínda que se racionalice o uso dos vehículos particulares a tendencia é a aumentar o parque sen limitación previsible.

A acción do goberno debe dirixirse a ese elevado porcentaxe contaminante do sector enerxético, especialmente en centrais coma a das Pontes que queima carbón para producir enerxía eléctrica. E deixa de queimar carbón propio pero seguirá queimándoo de importación, co que o problema seguirá.

Galicia contamina máis. Porque está máis desenvolvida. Non contamina máis quen máis produce, senón quen o fai de xeito máis descuidado. Velahí unha asignatura pendente, que os nosos gobernantes deberán estudiar concienzudamente para que entre todos a aprobemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES