Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O seu éxito non será efémero

jueves, 17 de noviembre de 2016
Hoxe en día ata poida que os rapaces teñan demasiadas actividades e aínda que no fondo penses que iso non está moi ben, que necesitan, tamén, respirar un chisco, divertirse un moito, eu non son menos e poño a escusa de “mentres fan isto, non andan por aí perdidos”. O típico: lavar a conciencia. Ós meus axiña os metín a facer kung fu e ó baloncesto. Cando empezaron co baloncesto, adestraban no patio do colexio e de cando en vez deixábase caer por alí un “guaperas”, bo mozo, que axiña descubrín que era o responsable da escola de baloncesto. Respondía e aínda responde ó nome de Marcos Valencia.

Ós dous ou tres anos o baloncesto (das categorías máis pequenas) desapareceu e, como na vida mesma, os rapaces tiveron que emigrar a outros clubs. Ó emigrar perdín practicamente todo o contacto co deporte de Barbadás e, con elo, co seu responsable. Non obstante, como A Valenzá aínda é unha vila pequena ou cidade dormitorio de Ourense, de cando en vez atopábame con Marcos, pero a relación non ía máis alá do típico “que hai?”, “ata logo”. E nada máis.

Volveu ser a rede social do feisbuq a que nos puxo nun contacto máis presente que na propia rúa. Tamén esta rede social foi a que me descubriu a auténtica actividade de Marcos. Recoñezo que ó principio incluso pensei se non sería unha broma que se gastaba el no feisbuq, pois empezaba a falar que non sei que dunha viaxe a tal ou cal sitio para interpretar este ou aquel papel (pequeniño, pero papel) en algunha serie de televisión. “Veña xa, home; é bo mozo, é guapo, ten un corpo que te cagas, pero de aí a traballar de actor...”, pensaba eu; e non porque non puidese ser actor, senón porque nunca antes lle notara algo relacionado coa sétima arte.

Como se adoita dicir, seguino entón máis de cerca. E o moi carallán empezou a colgar fotos de rodaxes e... facendo de modelo! Era verdade!, dedicábase ó mundiño da cinematografía, do glamur. Ó mesmo tempo que colgaba fotos confesaba que tal ou cal día empezaba un curso sobre a actuación ou algo relacionado coa actuación. Agora vexo que os seus inicios xa van moito máis alá de certas probas para algúns papeis. Se fora malo, non o chamarían para tantas series ou películas. E semella que non lle está faltando traballo. Nunha das últimas comunicacións fixo algo que me encheu de admiración: que logo de contratalo para varios meses na serie “Mar de plástico”, optou por abandonala “porque necesito formación para interpretar con calidade e dar o mellor de min”.

Iso é un gran tanto ó teu favor, rapaz; é mellor actuar sempre con xeito que ter un éxito efémero. Imaxino que xa saberás que o mundo da farándula é bonito, pero tamén traidor, e pode durar tan só un suspiro. A interpretación é coma calquera outra actividade: que se queres estar e vivir sempre dela, hai que traballar e traballar. E traballando con interese, non coa cara bonita.

Marcos Valencia xa está practicamente retirado por completo do baloncesto, pero segue practicando deporte porque lle gusta e, como non, porque lle é moi necesario para o seu traballo interpretativo e como modelo. Na actualidade compaxina pequenas actuacións en series que van saíndo (participou xa en “Acacias 38”, “O home da túa vida”, “Corta e cambio”, entre outras) cos estudos de teatro. Iso é o mellor que podes facer, amigo: teatro. Que nas táboas é onde realmente un se fai actor. Dáme que alcanzarás o éxito e que non será efémero. Por de pronto, no 2016, seica xa vai participar nunha superprodución americana como dobre dun dos actores principais. Aí é nada!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES