Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na Casa de Hortas

lunes, 30 de noviembre de -1
A última vez que estivéramos nela fora en maio de 2004, pouco antes de finar Manuel María. Acudíramos a Outeiro de Rei para acompañar ó poeta na presentación do libro “Elexías á miña vida pequeniña”. Cando no ano 50 do pasado século o escribíu, enviou o orixinal a Cunqueiro pedindo ó mesmo un xuizo crítico da obra; o mindoniense nunca respostou, o traballo extraviouse e o autor tiña mágoa porque, en contra do que nel era habitual,non deixara copia. Medio século despois, por un casual, entre vellos papeis, apareceo o orixinal e foi editado.

A doenza do poeta ía moi avanzada; vencendo os atrancos desprazouse dende A Coruña ata a súa amada carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei e alí, a carón do monolito que había uns anos se erixira na súa honra, recibiu a homenaxe íntima de pouco mais dunha ducia de amigos cos que vivíu a ledicia da obra recuperada; logo imos á casa e o cronista, por derradeira vez, sentouse na cadeira da cociña central.

Pasados anos voltamos á noble casona, xa feita museo, na que se realizou unha fermosa obra conservando a personalidade e o engado da vella casa labrega, fondamente enraiñizada no lugar, rodeada da horta e árbores que o Poeta da Terra Chá amaba profundamente e que cantou ó longo da vida: o cedro xigante e poderoso; a claudeira; a cerdeira e a mazaira; a grande e frondosa nogueira; o loureiro “feito de luz e vento namorado”; a pereira vella… e a palleira, convertida en acolledor auditorio. Fiel ó espíritu,a casa mantén vivo o recordo do poeta: habitación e a cama en que naceo; o coarto do reloxio de parede co despacho e a vetusta máquina na que mecanografou centos de poemas; as coleccións de navalliñas, de estilográficas e de reloxios; cadros no seu día agasallo de grandes artistas da terra; os poemas a Saleta e a cada rincón da casa; os 14 mil volumes da biblioteca: en lugar preferente “Versos florecidos en louvanza de Foz” e diversas referencias gráficas e literarias da súa relación coa vila. A visita resultounos moi emotiva.

“ A casa e o seu entorno amurallado/ erguido con paciencia e sentidiño/eran un mundo antergo e pequeniño/ e un feliz universo desexado…” (de “Sonetos á casa de Hortas”).

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz)
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES