Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acabarase o mundo?

lunes, 14 de noviembre de 2016
Acabarase o mundo? Ganou Donald Trump. Xa. Pero tranquilos, vós tranquilos, que non se vai acabar o mundo. Ou si. Seica ameaza que nin o demo. Seica é capaz de lanzarnos un mísil, un estoupido e deixarnos secos. Eu penso que non, que ó final todo porco volve ó seu lodo. Iso din. É que sempre haberá uns máis porcos que outros, uns con máis dólares que outros. E, señores, digamos a verdade, o dólar é o que conta. Aquí como alá e como na fin do mundo. Imaxino que pouco a pouco a Trump xa o irán axeitando, levando ó rego. Digou eu. Anda que se se lle dá por liquidar a medio Oriente Próximo. Que digo medio!, a todo Oriente Próximo e parte da contorna! Ó mellor é o noso Rajoy quen o amansa. O noso Rajoy sabe amansar ás feras. E senón, aí tedes, en minoría e conseguíu ser presidente. O outro noso, o Feijóo, non precisou amansar a ninguén. Xa el é león, e tigre, e leopardo, e pantera.

Agora Estados Unidos está en pé de guerra. Agora. Agora é tarde, Rosa. Igualiño, igualiño que aquí... que moito barallar, pero ante as urnas cambiamos a chaqueta e que Deus nos colla confesados. Está demostrado que en todos os sitios cocen fabas. O Trump, un sinvergonza!, un animal!, un inepto!, un paspán!. Pero o outro día meteulle unha chaqueta á Hillary e a todos os que pensaban que o mundo era un paraíso. Agora é cando ides saber o que vale un peine! É un dicir, oh. O Trump váiselle a forza pola boca. Can moi ladrador, pouco mordedor. Ou non.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES