Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Custodios da memoria

sábado, 12 de noviembre de 2016
Dado que son celanovés, con certa frecuencia pregúntome cómo ten que ser o legado dun home -ou dunha muller- para que a súa memoria se manteña vixente un milenio despois.

Estoume referindo, loxicamente á figura de Rosendo Guterres, aquel que afirmou no testamento que lle deixaba ós seus sucesores "unha obra marabillosamente edificada" e que hoxe, case mil cento dez anos despois de ter chegado ó mundo, aínda moitos falamos, con relativa, frecuencia del.

Pois ben, isto mesmo é o que me preguntei hai uns meses cando, na compaña duns familiares caraqueños visitei a Colonia Tovar, que é unha demarcación xeográfica que, se vostede estivo nalgún intre en Venezuela, estou seguro de que non lle teño que explicar nin onde está nin concretar que tipo de poboación é.

Se vostede non tivo a fortuna de ter cruzado o Atlántico e visitado aquel fermoso país, explicareille, logo entón, que a Colonia Tovar ven a ser unha especie de reducto etnográfico situado a pouco máis de 50 quilómetros ó oeste de Caracas, fundado a comezos do século XVIII por emigrantes alemáns que atoparon naquel país un lugar que se parecía moito ás abas da Selva Negra teutona, pero coa fortuna de que alí non neva e resulta moito máis agradable vivir.

Daqueles primeiros fundadores, loxicamente sería un milagre que quedase alguén. Ora ben, si que quedan os seus descendentes, que hoxe viven do turismo e da artesanía que lograron manter e á que acoden os venezolanos á procura dunha tranquilidade da que non poden gozar noutros lugares do país.

Pois ben, paseando pola Colonia Tovar, vendo e tocando artesanía téxtil, de cerámica e de madeira por aquí e por acolá, a miña inusitada sorpresa chegou cando me acheguei a unha praza central na que había a carón dúas igrexas.

A curiosidade levoume a desdicirme do primeiro pensamento, pois contra o que malicei ó velas xuntas, as dúas eran católicas e non unha protestante e outra católica como adoita acontecer en centro Europa.

Levoume a iso e a comprobar que o patrón daquela localidade era -quen non?- San Martín de Tours, o mesmo militar romano converso que preside a cosmopolita cidade de Buenos Aires, o mesmo que agora sei que simboliza a Garda Suíza Pontificia, e o mesmo que -1.700 anos despois-, celebraremos nós, mañá 11 de novembro.

Que puido facer para que a súa memoria se manteña acesa 17 séculos despois? Non o sei. Para iso, Ourense acollerá un congreso a próxima semana.

O que si sei é que se chegou ata aquí, malos custodios da memoria seriamos se os ourensáns non foramos quen de aproveitarmos tan lonxevo e universal legado para asentarmos no futuro o inmenso patrimonio cultural que o tempo foi erguendo a carón do seu ronsel.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES