Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A prudencia é a nai da ciencia

jueves, 10 de noviembre de 2016
Cando eu era nena teño escoitado moitas veces esta expresión:
“A prudencia é a nai da ciencia”
Agora non se oen cousas así. Debe ser que en xeral mellorou o nivel cultural da xente ou que nos consideramos moi entendidos sobre os diferentes aspectos da vida.

Con todo, algunha más prudencia penso que nos viría moi ben. ¿Ou non?

Hoxe en día non é nada raro escoitar conversas de persoas que se cren en posesión da verdade; pero en realidade non saben do que falan.

Por unha parte, ninguén sabe o que pasa no interior das outras persoas para poder facerse unha idea exacta do que lles pasa e para poder xulgalas.

É moi probalble que o que nos vai ben a nós, non serva para outras persoas.
Por exemplo: unha persoas teñen alexia ós lácteos e a outras vanlles moi ben.
Así pasa con todo.
Fixámonos no aspecto externo das persoas; pero o que pasa no seu interior…
¿Quen o sabe?
Nestes casos un poquiños máis de prudencia non iría nada mal.
¿Non lle parece?

Por outra banda, tampouco é nada extraño ver como hai pais que queren saber máis de pedagoxía que os propios mestres e pásanse varios pobos, a veces ata límites insospeitados.
Actualmente danse casos de agresións ó profesorado por parte de persoas que se consideran tan sabias, tan sabias que o único que fan é bota-la a educación a perder.
¡Que pena me dá!

En Francia xa se fala de poñer garda-espaldas ó profesorado… ¿Será posible que cheguemos a tanto..?

En España sei de profesores que teñen que coller baixa por no poder aguantar a situación e moitos dos que poden xa se acollen á xubilación anticipada.
¿Ata onde queremos chegar con este xeito de comportarnos?
¿Qué tipo de cidadáns queremos deixar para sustituirnos?
¿Qué tipo de sociedade estamos creando?

No tocante á medicina, pasa outro tanto. O personal sanitario vese en apuros en non poucas ocasións.
Ó paso que imos non fai falta que escaseen os recursos económicos para acabar coa educación e a sanidade gratuita e universal; xa a tiramos pola borda antes de que chegue ese momento.

Non sabemos ben o que temos ata que o perdemos.
E se chegara ese momento…
¡Qué pena!
¡Que pouco valoramos o que temos!
¡Que ben nos iría unha boa dose de prudencia!

Prudencia á hora de conducir un veículo; eso certamente.
Prudencia á hora de conducírmonos pola vida; máis certo aínda.

Unha cousa é ser listos e actuar intelixentemente e otra ben diferente é “ir de listillos pola vida”.
Con intelixencia intetamos actuar normalmente a inmensa maioría das persoas, pero “os listillos” tamén andan polo medio e a -aínda que non sexan moitos- a verdade é que fan moito ruido e –por que non dicilo- tamén moito mal.

¿Qué se pode facer ante tanta imprudencia?
Penso que de nada vale dar leccións nin consellos, porque recibir leccións ou consellos, a moi poucas persoas agrada.
Persoas humildes e receptoras, hai moitas, pero non todas somos tanto como deberíamos.

Quizais haxa que rearmarse de moita paciencia e predicar co bo exemplo.
Din que os exemplos arrastran e as palabras, lévaas o vento.
“REARMARSE DE PACIENCIA”
Ese será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola súa prudencia, polo seu bo facer e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Ata próxima se o considera oportuno e se non…
¡Aburiño!
¡Saúde e sorte!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES