Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adriana Macías

miércoles, 09 de noviembre de 2016
Vendo o programa de Pablo Motos “El hormiguero”, atopeime coa impresionante historia de Adriana Macías, unha avogada mexicana de 38 anos que naceu sen brazos e suple a súa falta cos pés. Non hai que dicir que ten unha flexibilidade impresionante e unha autonomía que é difícil de acadar na súas circunstancias máis alá dos avances tecnolóxicos que afortunadamente caracterizan o noso tempo.

Ver falar a Adriana é unha desas inxeccións de vida que nos esperta á superación persoal para empoderarnos ata dicirlle un si rotundo ao noso proxecto vital. Adriana contaxia forza e ganas de construír e iso é a verdadeira cerna motivadora que precisa a nosa realidade. Ademais, ten a sorte de que isto sexa hoxe en día o seu traballo, un traballo imprescindible que, sen dúbida, nos levará a ser mellores.

De novo e coma sempre, para falar de diversidade funcional hai que falar de humor e, en clave de humor, Adriana cóntanos que a vida é un fenómeno marabilloso que merece a nosa actitude máis positiva aproveitando a cada momento esta oportunidade única.

A súa traxectoria xa conta con dous libros: “Abraza el éxito” e “La fuerza de un guerrero”, así como a obra de teatro “Amor hecho a mano”. Alén de unha continua labor de concienciación como conferenciante. Con esta traxectoria podemos dicir que Adriana é unha das persoas imprescindibles das que cambian o mundo ata o punto que todos sentimos aquilo que dicía Cuervo: “sen ela nada sería igual”.

O caso é que estes exemplos de motivación teñen que levarnos a superarnos a nós mesmos, día a día, para construír e formar parte deses rastros da intrahistoria que compoñen a evolución humana. Todos temos algo que ensinar e moito que aprender. No fondo, todos somos exemplos de superación porque vivir situacións límite é un elemento consubstancial á propia vida. O feito de superalas convértenos en mestres da vida, contar e compartir experiencias lévanos a un desenvolvemento colectivo irrenunciable.

Quédome coa forza e o optimismo contaxioso de Adriana que comparte a súa experiencia para cambiar o mundo. Certamente, sen Adriana nada sería igual...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES