Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Julio Iglesias segue en auxe

lunes, 07 de noviembre de 2016
Julio Iglesias segue en auxe Xa temos novo Goberno. Xa rematou o Festival Internacional de Cine de Ourense. Xa chove, é dicir, xa entrou o inverno, polo que todo isto significa, máis ou menos, que xa todo volve á normalidade, ou sexa, que Julio Iglesias segue en auxe con "A vida segue igual". Tamén xa temos outra pequena ventá aberta para a polémica: a morte dunha nena de 12 anos por coma etílico nun botellón. Así mesmo asomou a gran carallada sobre os datos dos incendios forestais: seica tres de cada catro son intencionados. Non me digas! Hai que ser uns linces para chegar a tal conclusión. Lembro de rapaz que faciamos probas coa herba chamada "pelo de zorro" e non ardía nin a plena luz do sol; imaxinade polas noites ou de madrugada, que é cando adoitan empezar os incendios.

Rajoy formou un Goberno de continuidade. É igual. Para min, todos os seus compoñentes son máis ca malos. Creo que todo iría ben se fose eu quen gobernase. Pero como o meu can non collerá esa mosca, así nos vai. Perdón, así me vai. A outros vailles que nin...

Xa empezo a restar os días (como se facía na mili) para a chegada da 22 edición do Festival de Cine de Ourense. Xa sei que aínda queda, pero, olliño!, ás veces o tempo é un suspiro. O tempo pasa, amigos. E se non, tempo ó tempo.

O da nena do botellón non creo que ela teña moita cuilpa. Non sei como lles traballará a conciencia ós pais. Se é que a teñen, que o dubido moito. E sobran máis comentarios.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES