Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Compartir silencio

jueves, 03 de noviembre de 2016
Se abrimos un diccionario calquera, observamos que a palabra silencio ten varias acepcións.
Neste caso quéroa empregar como unha experiencia vivida con moita gratitude pola miña propia persoa.
Estaba eu recén saída do quirófano nunha habitación dun hospital coas persianas baixas –sendo mediodía- porque a situación da doente así o aconsellaba.
A situación era dolorosa e dilicada.
Calquera diría que unha persoa nesa situación, precisa soidade, coidados médicos e silencio.
Pois si.
Certamente; pero no era o meu caso.
A habitación estaba repleta de amistades arrimadas á parede, tan inmóviles e tan caladas que case podería tratarse de estatuas se non fora porque respiraban e sentían.
Respiraban e sentían a miña situación tan intensamente que –sen mediar palabra nin comigo nin entre elas- estaban compartindo silencio que eu califcaría de enerxético que me daba forzas para repoñerme.
Foi unha experiencia das máis gratificantes da miña vida.
Un grupo de persoas moi numeroso (vintesete nunha tarde) que estaban compartindo comigo un silencio sanador.
¡Un silencio moi sanador!
De feito recupereime moi ben, andando o tempo regulamentario para aquel caso.
¡Quen me dera que tódolos doentes tiveran a sorte que tiven eu!
O abraio do persoal sanitario non puido disimular.
A enfermeira que me vistaba asiduamente díxome:
¿Usted es baronera o la alcaldesa de su pueblo?
Eu moi serenamente resposteille:
“¡Soy la Ministra de Sanidad!” (Ja, ja)
Certamente: se fora a Ministra de Sanidade non recibiría nin mellores atencións nin máis cariño
Naquela situación souben que hai moitas persoas soas nas camas dos hospitais.
Souben que incluso hai quen ingresa ós anciáns para poder irse de vacacións.
¡Que situación tan dolorosa!
¡Que tristes deben sentirse!
No meu caso, estareilles agradecida por días de vida a todas cantas persoas se interesaron sinceramente por min.
Eu estaba nunha habitación individual dun hospital privado; pero normalmente nos hospitais públicos adoita haber varios doentes nunha mesma habitación.
Algunhas veces ata demasiados por problemas de espazo.
Algúns teñen moitas visitas.
Hai visitas moi válidas que saben estar; pero tamén me teño atopado con outras que, mellor sería que se quedaran na casiña.
Seguramente que non o fan con mala intención, pero fan moito barullo e, non poucas veces, se fala máis do debido.
E –por outra banda- as conversacións esas, moitas veces non son nada aconsellables para a persoa que está vivindo outra realidade ben diferente.
A veces esquecémonos de que todos temos unha pedra nun hospital.
Que hoxe lle toca a outro, pero no momento menos pensado pódeme tocar a min.
¿Gustaríame a min que armaran barullo cando estou delicada?
¿Gustaríme a min que falaran de cousas da feira e do mercado en lugar de ocuparse de facerme a situación algo máis levadeira?
Se preguntáramos ó persoal sanitario sobre canto ven e oen cando está de servizo, seguramente nos escandalizaríamos con certa frecuencia do proceder dalgunhas visitas.
¿A vostede que lle parece?
¿Iría ben compartir: silencio, un bico, unha caricia, unha man collida, unha mirada cariñosa… ou calquera axuda que poideramos proporcionarle ó doente?
Estou pensando se sería aconsellable que nos centros hospitalarios houbera unhas clases previas de cómo debemos comportarnos nesa situación.
Xeralmente, a persoa doente non está para moitas historias
Igual pasa cando hai un enterro.
En lugar de acompañar á familia na dor e na oración, aprovéitase para convertir as igrexas en centros sociais.
Entendo que as persoas teñan necesidade de comuncarse; pero para eso están outros lugares e outras ocasións.
¡Co reconfortante que é o silencio nesa situación!
O que máis se precisa neses intres é a compañía, a presenza silenciosa, a oración ou sencillamente: “estar presente”
¿Costa tanto gardar silencio mentres dura o acto?
¿Qué habería que facer para conseguilo?
Cando non se ten nada mellor que dicir; compartir silencio sería unha boa solución por aquelo de que: “A PRUDENCIA É A NAI DA CIENCIA”
“A PRUIDENCIA É A NAI DA CIENCIA” será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por teme na súa consideracón nesta ocasión.
Desde a súa lectura silenciosas na distancia, tamén me fai compañía.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES