Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Monstros interiores

miércoles, 02 de noviembre de 2016
Aproveitando a festa do cine tiven a oportunidade de gozar coa película “Un monstruo viene a verme”, unha produción español-estadounidense dirixida por Juan Antonio Bayona que nos conta na liña que separa a fantasía da realidade como un cativo afronta a morte inminente da propia nai. É impresionante ver como a fantasía nos pode abrir os ollos á realidade máis crúa.

Este argumento fíxome pensar que no fondo todos temos monstros interiores cos que combatemos para superarnos na propia vida. O medo é unha emoción humana que nos acompaña dende o nacemento ata a fin e é curioso como todos os medos se gardan como matruscas rusas nun só medo:o medo á propia morte que comparte viaxe con outro gran medo que é o medo á soidade. Isto quere dicir que non queremos nin morrer nin ficar sos.

Quizais esta é unha sensación que describiu ben Manuel Antonio naquel verso de “fomos ficando sos/ o mar,o barco e máis nós” non en tanto o medo real é que ese “nós” se converta nun “eu” lanzando SOS sen resposta. Aquí xorde o gran dilema humano que é conxugar estes dous medos e vivir.

Un gran ensino co que me agasallou a vida foi o de facer aquilo que temo. É algo duro de conseguir, quizais sexa o aspecto que máis se aferre ás teas de Penélope pero na superación do propio medo está o maior crecemento persoal que poidamos imaxinar, a verdadeira liberdade humana é mirar a vida cara a cara e virarlle a quilla cara o porvir que construímos dia a dia. Non é fácil mais se podemos saudar o medo virando as nosas costas non cabe dúbida que seremos máis fortes.

Todos os seres humanos temos capacidade de abondo para vencer o monstro interior do medo e acceder ao elemento máis imprescindible e irrenunciable da nosa condición: A liberdade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES