Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

67.000 €

jueves, 08 de febrero de 2007
PP e PSOE de acordo. Bng, por agora non.

Os que ostentaron o cargo de Presidente do goberno de Galicia conservan durante dous anos despois do cese o setenta por cento das cantidades que percibían en activo, unha persoa ó seu servicio, un automóbil e un conductor.

A maiores, se a proposta do PSOE no goberno da Xunta prospera, poderán integrarse no Consello Consultivo de Galicia, percibindo anualmente por este concepto a cantidade de 67.000 €.

Tres expresidentes están na actualidade en situación de aceptar esta situación se finalmente se plantea, dous pertencentes ó PP e un ó Psoe, máis o actual Presidente cando remate o seu mandato.

Ningún polo de agora do Bng, polo que se comprende que este grupo non teña presa en aprobar a nova situación dos altos cargos, coas conseguintes repercusións que unha decisión así pode traer nas bases de forzas que se suponen fuxen do culto á xefatura e ós especiais beneficios da representación popular.

Todo o que supoña dignificar a figura do Presidente de Galicia, está ben feito. Pero a dignificación non está en razón directa ás cantidades a percibir.

Un exPresidente non debe estar a expensas dos avatares dunha fortuna incerta. Pero 67.000 €/ano parece un precio de consolación demasiado alto por deixar o primeiro posto de escalafón de servidores públicos, e non é exemplo moi edificante para os galegos que sofren a subida do euribor e o encarecemento das hipotecas en arredor de mil douscentos euros anuais.

Seguro que se vai falar moito deste tema. Agardemos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES