Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A inquietude de Stephen Hawking

viernes, 28 de octubre de 2016
Ós cidadáns inquiétannos os políticos; ao famoso físico Stephen Hawking, as máquinas intelixentes. Pero ambas inquietudes non teñen o mesmo alcance, porque as nosas razóns non son as do físico, nin as causas están situadas no mesmo tempo, aínda que poden relacionarse: As do físico corresponden a un futuro moi afastado; mais con esixencias racionais de proxección nas nosas do presente.

Hawking, con un número considerable de científicos, pensa que si se segue progresando nos robots, estes acabarán sendo moito más eficientes en consumo enerxético que os seres humanos, e segundo as leis da física, que explica moi ben o enxeñeiro D. Samuel Graván, nun interesante traballo, O FENÓMENO MÁIS EFICIENTE SEMPRE É O MÁIS ESTABLE E DESPRAZA AO RESTO DO SEU DOMINIO (lémbreno!). Xustamente por iso o famoso físico afirma que a INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA) podería significar o fin da raza humana.

E non lles é unha broma. Vou a ver se da man de Don Samuel o podo explicar. Non se asusten: comigo, que sei menos física que moitos de vostedes, igual o entenden. No mundo hai dúas importantes regras ou leis que son reais. Unha é a que chaman “segunda lei da termodinámica”, que anuncia que a desorde (entropía) sempre vai aumentando no tempo. A outra di que a enerxía dispoñible (enerxía libre, entalpía libre, ou enerxía de Gibbs) sempre tende a diminuír globalmente: Os aforros van a menos; xa ven o que pasa coa Hucha das Pensións.

Tampouco é moi difícil comprender que a enerxía utilizada na formación de estruturas físicas, a conta das reservas enerxéticas do universo, diminúen en proporción a complexidade delas: Hai un gasto e non se repón.

Polo tanto, entre os fenómenos que hai no mundo, encontrámonos cuns que fan diminuír a enerxía útil que hai nel, debido a que vai diminuíndo a orde, o que incrementa o caos e a dispersión, e con outros que, aínda que non teñen moito desorde, non obstante, acaparan un elevado consumo enerxético directo: son fenómenos complicados, complexos.

A vida aquí na Terra é un fenómeno moi complexo que acapara moita enerxía. Reparemos nun exemplo que nos ofrece o enxeñeiro D. Samuel: Unha simple bacteria é máis eficiente (máis densa enerxeticamente falando) que o noso Sol, pois un trociño de Sol do tamaño dunha bacteria non produce tanto calor como consigue a bacteria.

E pregúntase este científico como se orixinou na Terra a vida, ese fenómeno tan complicado, que acapara tanta enerxía. Pero o problema non é só este, senón que a vida cada vez foi complicándose máis (evolucionando), facéndose máis complexa, e tamén cada vez consume máis enerxía: trátase dun consumo directo, pola orde que hai que conservar nos organismos vivos , non por perda nunha desorde. Por iso, cada proceso evolutivo consume moita máis enerxía, e, ademais, leva a un fenómeno estable que consume tanta máis enerxía canta máis estabilidade posúa: Pasar dun ser vivo que vencella co ambiente por acadar estabilidade e sobrevivir, a outro (por evolución) moi estable, supón incrementar o consumo da enerxía.

Deixemos todo o da Revolución Industrial que elevou o consumo de enerxía a cifras astronómicas, para deternos un pouco na complexidade social e as máquinas intelixentes. Cada vez invertemos máis en infraestruturas (esixiu a sociedade), e, para soster isto, hai, continuamente, que producir e consumir máis, na medida en que o solicita esa complexidade social; pero o seu consumo enerxético increméntase paralelamente: É un tributo dun soterrado impacto, para mellorar o benestar, que non dubida en utilizar a irresponsabilidade e miopía política, porque da votos, e o alcance da visión devén corto cando un capitalismo desaforado anda polo medio.

Pero escoitemos o que nos di D. Samuel: “A necesidade de mellorar máis a produtividade, levou a finais do século XX á gradual aparición de máquinas non supervisadas (...). Este proceso non parou desde entón, e xa existen fábricas no día de hoxe (...) que funcionan exclusivamente con robots “case” independentes. De feito, unha noticia nos medios contaba como en certa fábrica de China se despedira e substituíra a case todos os traballadores por máquinas”.

Nosoutros, os seres humanos, como dixemos, somos un fenómeno complexísimo e singular, e conformamos unha estrutura estable cun elevado consumo enerxético no planeta; pero estamos expostos a que outra estrutura máis estable nos gañe, como esas máquinas intelixentes, que nos superan con creces en estabilidade, xa que os nosos ataques ecolóxicos á natureza cada vez van a deixarnos máis débiles e inadaptados para sobrevivir, mentres que tales máquinas soportan todo, e poden chegar a desprazarnos: O HOME DESPRAZADO POLA SÚA PROPIA TECNOLOXÍA.!!!.

Pero antes pasaremos por unha perda de traballo remunerado para as persoas, diminución da clase baixa e extinción da media, cos conseguintes disturbios e revoltas contra a clase alta, que utilizará policías e exércitos robotizados (xa hai indicios), aumentando o consumo das reservas desa enerxía libre. Vostedes, se son optimistas, poden argüír que isto é unha ficción, ou tamén que o home é suficientemente intelixente para establecer un control a tempo; pero as leis físicas de ámbito universal están aí, son testalanas, e non parece que nosoutros, que tanta ostentación facemos das nosas capacidades intelectuais, o sexamos moito menos. As probas diso nas regateamos e damos abondo.

Cando nos meus modestos artigos falo das “descontextualizacións” estou a referirme tamén a todo isto, ao que a Humanidade parece non concederlle importancia, e os nosos políticos antóllanseme monicreques movidos polos fíos ocultos das profundas tendencias dun universo enigmático, coas que colaboramos nada menos que coa nosa sofisticada cultura tecnolóxica. Pero...descúlpenme: son alucinacións dos anos vividos neste gran taboleiro do xadrez mundial!.

Agora a nivel máis doméstico, ¿acaso esa tanta irracionalidade, ese desmedido afán por coller as rendas dun país ao que se lle nega unidade constitutiva, simboloxía, substrato histórico e...ata o seu nome propio, non será unha mensaxe de máis calado na que os políticos da quenda non son outra cousa que vírgulas dunha misteriosa linguaxe?. Tamén alucinacións...?!.

O caso é que as causas reais das inquietudes políticas de moi diversa natureza, mesturadas coas máis extravagantes inversións innecesarias (aeroportos sen servizos, construcións derruídas, edificios estendidos por todo o país, que ameazan ruína, etc.) , tamén (e perdoen a tautoloxía) catalizan a entropía: Para converter o caos á orde, hai que ir, necesariamente, á hucha das reservas enerxéticas.

Unha reflexión: Intentar obxectivar cientificamente os fundamentos das inquietudes cidadáns, facéndoas irrefutables e xustificables para os políticos, pode neutralizar as consecuencias das súas obcecacións ideolóxicas, unha terapia necesaria que, como é evidente, hai que aplicar a moitos dos que saen do paquete, moi lucidos; pero na praxe esfarelan todo. E da mesma maneira aos que esperan con antipática estupidez que o transcurso do tempo resolva os problemas xa iniciados.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES