Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Disfrutando o mellor regalo

jueves, 20 de octubre de 2016
¿A quen non lle gustan os regalos?
Moito me parece que a todos nos gustan.
Un pequeno detalle nun día determinado ou nun día calquera, senta moi ben a todos.

Noutras cousas podemos ter pareceres moi diferentes, pero neste aspecto, paréceme que coincidimos maioritariamente.

¡Ogallá coincidiramos así noutras cousas de suma importancia para a vida!

Ben, pois: a min paréceme que o mellor regalo do que podemos disfrutar é a propia vida.

Ós que tivemos a sorte de vir a este mundo, viñemos para disfrutar da vida.
Aínda que teña momentos de extrema dificultade; merece a pena vivila e disfrutala.
Disfrutala a tope porque pasa nun abrir e pechar de ollos.

De feito sabemos o importante que é cando nos vemos en perigo de perdela.
Por exemplo: cando alguén ten un accidente perigoso e sae ileso; dicimos que volveu a nacer.

E non digamos nada cando vencemos uha enfermidade grave.
¿E vostede unha desa persoas que volveu a nacer?
Eu si.
E volvín a nacer máis dunha vez.
Pero aínda estou aquí e pódolle asegurar que fago todo canto está ó meu alcance, para disfrutar a tope deste regalo único e irrepetible.

Se obervamos as diferentes etapas da vida, decatámonos de que a nosa natureza é así:

-Un bebé ten por oficio medrar disfrutando dos coidados que se lle proporcionan e goza cando se sente querido e ben atendido. Disfruta da vida.

Disfruta dos praceres que lle proporcinamos: o alimenmto, a hixiene, o cariño, a compañía, a familia…

Conforme vai medrando, xa comparte de xeito máis activo as súas experiencias coas persoas máis próximas.

-En idade escolar disfruta cos amigos ó mesmo tempo que se vai formando: disfruta da amistade, disfruta do xogo, disfruta do compañeirismo, disfruta aprendendo...
Disfruta…

-Chegada a xuventude, a enerxía desborda por todas partes: a pandilla, o noivazgo, a vida en parella, a diversión, a vida en sociedade…

-Na vida adulta disfrútase vendo os fillos medrados, colocados nun oficio ou profesión, o nacemento dunha nova familia, os netos, a vida laboral, a vida social, o ocio, a diversión…
Disfrútase vencendo infinidade de obstáculos que vai presentando a vida.
Disfrútase, superándose na vida do día a día.

-Na senectude vense cumpridos moitos logros polos que se loitou ó longo de toda a vida.

E ata aquí chegamos.

Facendo unha análise, constátase que unhas veces acertouse máis, outras menos…

Hai quen di: “Sabido o sabido, tería feito doutra maneira…”
Pero en calquera dos casos, fíxose o mellor que se considerou naquel momento, según as circunstancias persoais, sociais, políticas, cuturais, etc.
Xa se sabe: non somos perfectos.

Imos evolucionando máis ou menos, mellor ou peor ó longo de toda a vida e aínda “está a vella morrendo e está aprendendo.”

Co paso dos anos imos vivindo momentos de luz, momentos de sombra, momentos máis luminoso e outros menos; pero sempre e cando operemos con pureza de corazón, as cousas van saíndo ben e gozamos cos logros conseguidos.

A maneira de gozar da vida é diferente para cada persoa:

-Hai quen pon o seu corazón e as súas forzas na consecución de cantos máis bens materiais, mellor.
Ese tipo de persoas adoitan ser moi traballadoras.Viven para traballar.
Para elas a mellor maneira de disfrutar da vida é acaparar.
Non hai nada malo neso sempre que sexan honradas: os bens que acumulen; máis tarde ou máis cedo virá quen os disfrute.
Se elas son felices así:
¡Adiante!
¡Por moito ter, nunca é mal ano!

-Tamén existen persoas que son todo o contrario das anteriores: o traballo para elas é ”sagrado”, nin tocalo.
Pero o importante é que levan ese ritmo de vida porque é o que mellor se acomoda á súa maneira de ser…Elas disfrutan desa maneira.
Outra cousa ben diferente é que todos foramos así.
Daquela: non me quero imaxinar como iría o mundo.

-Outro tipo de persoas –a maioría afortunadamene, según o meu humilde parecer- son as que traballan para vivir e para construír un mundo mellor para todos.

Traballan para vivir e para construír un mundo mellor e traballan duro coa finalidade de levar unha vida digna e compartir cos outros non só bens materiais, senón tamén cariño, compañía, soldariedade, diversión, cultura, tempo…

Nunha palabra: “VALORES”

Este xeito de vivir é o que levamos a maioría dos humanos; pero onde hai humanos tamén hai celos e envexas que moitas veces enxendran odios entre veciños, entre amigos ou entre os mesmos membros da familla biolóxica.
¡Que lástima me dan!
Nin son felices elas, nin producen felicidade ó seu carón.
Pasan os días, pasan os anos, pasan a vida… e non aprenden.
Encérranse no seu mundo e rematan vivindo ailladas, tristes e soas.
¿Para eso viñeron á vida?

A min paréceme que viñemos a esta vida para ser felices. Eso sí, non se pode ser feliz en solitario porque tamén somos sociables por natureza.
A felicidade hai que compartila.
As persoas que son felices, non se esconden: comparten.
A riqueza está en compartir. Todos temos algo para compartir.
Compartindo, enriquecémonos.

“COMPARTINDO ENRIQUECÉMONOS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por ser vostede como é, porque disfruta da vida compartindo un bocadiño das súas vivencias con cantas persoas atopa polo camiño da vida,
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES